A entidade advirte dos “difíciles retos” aos que se terá que enfrentar o novo titular da política lingüística da Xunta
A asociación en defensa do galego agarda do novo responsábel “a corrección institucional e a capacidade do diálogo de que careceu o seu antecesor”
A Mesa pola Normalización Lingüística valora o nomeamento de Valentín García Gómez como novo Secretario Xeral de Política Lingüística de "continuísmo que non fai presaxiar nada bo".
A asociación recorda que o recén nomeado xa viña colaborando coa Secretaría Xeral como coordinador dunha suposta Rede de Dinamización da Lingua Galega que mellor habería que denominar "Rede de Dinamitación da Lingua Galega", pois o seu único resultado concreto foi polo de agora o feche de 16 servizos de normalización lingüística noutros tantos concellos.
A Mesa considera que o novo Secretario Xeral de Política Lingüística ten perante si importantísimos retos aos que debe dar resposta:
- Garantir que a Xunta de Galiza cumpra a Lei de Normalización Lingüística e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que foron froito no seu día da unanimidade parlamentaria e do consenso político e social.
- Refacer todo o desfeito desde que goberna Alberto Núñez Feijóo.
- Comportarse coa corrección institucional da que sempre careceu o seu antecesor, Anxo Lorenzo, e ter unha capacidade para escoitar e dialogar que, directamente, nunca existiu na última etapa da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A entidade que preside Carlos Callón precisa, porén, que vai facer falta "máis que a simple vontade persoal" de Valentín García para atender e dar cumprida resposta aos anteditos retos, toda vez que a Secretaría Xeral que vai dirixir non pasa de ser, no actual contexto, un simple "adorno institucional" sen case capacidade de incidencia económica nin política.ler máis
CORRELINGUA.- Galego, todo o que buscas: bota a andar o Correlingua 2012!
As festas finais do Correlingua, que terán lugar durante a primeira metade do mes de maio, están precedidas de distintas iniciativas lúdico-educativas para traballar na aula
O prazo previo de inscrición nos diferentes concursos remata o vindeiro 1 de febreiro
A Mesa parebenízase polo froito da presión cidadá e pola firmeza e compromiso do cidadán afectado, que non renunciou aos seus dereitos lingüísticos
SANIDADE.- Grave caso de discriminación lingüística nun centro hospitalario de Vigo
O Hospital Nosa Señora de Fátima ameazou presuntamente con non operar un doente se este non asinaba un documento en castelán que previamente solicitara en galego
A Mesa considera este caso “inadmisíbel” e pide responsabilidades directas ao SERGAS, que mantén un concerto co centro privado vigués para derivar doentes da rede pública
VALDEORRAS.- Asemblea da Mesa o 23 de xaneiro
Será ás 18.30h no Salón de Actos do Multiusos do Barco de Valdeorras, con anterioridade ao acto de presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
SANTIAGO.- Chega ao Salón Teatro de Compostela "Pelos na Lingua"
A obra de Talía Teatro representarase o sábado 28 de xaneiro ás 20.30 horas e o domingo 29 ás 18 horas
ABERTOS AO GALEGO.- Novidades desta semana en Abertos ao Galego
Esta semana, temos varias novidades, como a incorporación de Tórculo e presentacións de libros nas librarías Torga de Ourense e Aira das Letras de Allariz
A Mesa considera que a política cultural da Xunta pode ir “de mal en peor” cos novos nomeamentos
Carlos Callón: “A acción de goberno de Jesús Vázquez e Anxo Lorenzo cara á cultura galega só se pode sintetizar cunha palabra: destrución”.
Os méritos de Anxo Lorenzo e Jesús Vázquez entre 2009 e 2011 son executar a maior desprotección da lingua galega desde o franquismo.
PÉSAME polo falecemento de Isaac Díaz Pardo
A Mesa pide ás institucións que manteñan o seu inmenso legado persoal e material e se guíen polo seu pensamento
O departamento de Anxo Lorenzo respondeu por escrito a un veciño que denunciaba a exclusión do uso do galego na Compañía de Tranvías da cidade que "desbota actuar"
A entidade cidadá en defensa do galego pregúntase "para que vale que exista esta Secretaría Xeral de Política Lingüística"
A Coruña.- A Mesa insta o alcalde da Coruña a non comezar o seu mandato "como un delincuente"
O presidente e o vicepresidente da asociación solicitaron formalmente esta mañá unha entrevista con Carlos Negreira
ARTIGO.- "O galego e Valentín Paz-Andrade", por Carlos Callón
Galaxia convidou o presidente da Mesa a escribir un artigo para o blogue desta editora. O texto aborda a manipulación que se está a producir do pensamento lingüístico da figura homenaxeada no Día das Letras 2012.
Presentación en Betanzos de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
O 3 de febreiro ás 20.30 h no Liceo de Betanzos
Presentación no Barco de Valdeorras de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
O 23 de xaneiro ás 20 h na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán
<< anterior Xaneiro 2012 seguinte >>