A Mesa pola Normalización Lingüística
Colectivos
Especiais

POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO
Autobuses desde as zonas para a manifestación do 18 de maio

Zona de Ferrol:

Autobuses desde Ferrol (gratuítos): saída ás 10.30 da mañá da praza de Galiza (diante do Teatro Jofre).

Para te apuntares, chama ao local nacional da Mesa (981 563 885) ou mándanos un correo a amesa@amesanl.org

Zona de Lugo:

Bus (gratuíto) con saída de Sarria ás 9.15 da Rúa Calvo Sotelo (no cruce coa Cigüeneiñeira), con parada ás 10 da mañá en Lugo (Ronda da Muralla, Edificio dos Sindicatos) e ás 10.30 da mañá na área de servizo da autovía A-6 de Guitiriz.

Bus (gratuíto) con saída de Antas de Ulla ás 9.45 desde a Praza de Antas: paradas en Monterroso (parada de autobuses na Estrada de Palas) ás 10h e en Palas de Rei ás 10.15h (na Estrada de Compostela).

Para te apuntares, chama ao local nacional da Mesa (981 563 885), ao 620 565 712 (Fernán) ou mándanos un correo a amesa@amesanl.org

Zona da Coruña:

Buses (gratuítos) con saída ás 10.30 da mañá da Praza da Palloza (xunto á antiga Fábrica de Tabacos).

Para te apuntares, chama ao 981 200 869 ou mándanos un correo a amesa@amesanl.org

Zona de Valdeorras:

Buses (gratuítos) con saída do Barco de Valdeorras ás 8’30 da mañá (desde a Casa do Concello). Pararán tamén na Rúa de Valdeorras (diante da Casa do Concello) ás 8.45.

Para te apuntares, chama ao 622 53 80 10 antes do día 15 de maio.

Concello de Ames

O Concello de Ames pon ao dispor de quen o precisar un servizo de transporte gratuíto desde Bertamiráns e O Milladoiro.

Para utilizalo é preciso apuntarse antes do 13 de maio chamando, das 9.00 ás 15.00, ao teléfono do Servizo de Normalización Lingüística de Ames: 981 884 991.

Zona de Bergantiños

Sairán buses debalde ás 10.30 da mañá da Praza do Concello de Carballo.

Para te anotares, chama ao 981 704 063 antes do 14 de maio.

O bus poderá facer paradas por outras localidades, entre Carballo e Santiago, en función da demanda (información especialmente dirixida a Bembibre e Portomouro).

Zona do Baixo Miño

Sairá bus de balde do Concello de Tomiño (Praza do Seixo) ás 9.30 da mañá: para te anotares, tes que chamar ao Concello de Tomiño: 986 622 003.

Sairá tamén un bus debalde desde A Guarda (Alameda, ás 9.30 da mañá: parará no Rosal (Tamuxe); en Goián; en Tomiño e, por volta das 10.00 da mañá, en Tui (na Corredeira).

Para te anotares, chama ao 666 518 365 (Alberte).

Zona de Vigo

Sairán buses debalde desde Vigo, Redondela, Mos e O Porriño

Vigo: ás 10 da mañá desde o Colexio dos Salesianos (Rúa Venezuela)
Mos: ás 10 da mañá desde o local do BNG (Avenida de Vigo – Puxeiros)
Redondela: ás 10 da mañá desde a Praza de Ribadavia (ou da Farola)
O Porriño: para te informares e anotares, chama ao 986 33 72 63 (Local da CIG)

Para os demais buses, pódeste anotar chamando ao 981 563 886 ou enviando un correo a amesa@amesanl.org

Zona A Barbanza- Muros –Noia

Haberá bus debalde que sairá de Ribeira (Estación de autobuses) ás 10 da mañá e parará na Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo.

Para te anotares, chama ao local nacional da Mesa (981 563 885) ou ao local do BNG de Ribeira (981 835 207).

Zona da Mariña

Haberá buses debalde desde todas as localidades nas tres rutas seguintes: Cervo-Viveiro; Burela-Foz; Ribadeo-Barreiros-Lourenzá-Mondoñedo.

Para te anotares ou para máis información, chama ao 982 140 654 ou ao 636 500 651

Zona do Deza

Garantirase transporte a Santiago de Compostela para quen o precisar. Para te anotares, chama antes do 16 de maio ao 659 139 434 (Luís) ou envía un correo a amesa@amesanl.org

Zona de Ourense

Haberá bus debalde que sairá ás 10 da mañá desde o Parque de San Lázaro (pasará polo Carballiño).

Pódeste anotar chamando ao 981 563 885 ou escribindo un correo cos teus datos a amesa@amesanl.org

Zona de Pontevedra

Haberá buses debalde que sairán ás 10.30 desde o Palacio dos Deportes (Avenida de Santiago).

Anótate chamando ao local da Mesa (981 563 885) ou mándanos un correo a amesa@amesanl.org

 

Como recibir os apoios.

   
     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns
| Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate