Especiais
  • banner dereita
  • banner dereita
Colectivos

Abertos ao galego

QUE É O CERTIFICADO ABERTOS AO GALEGO?


ABERTOS AO GALEGO é un certificado que se concede, en diferentes niveis, ás empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole que adopten e desenvolvan compromisos para a normalización do galego.

 

 

CAL É A VALIDEZ DO CERTIFICADO ABERTOS AO GALEGO?


O certificado concédese cunha validez anual. Ao longo deste tempo, avaliarase de novo o cumprimento das condicións para ver en cal dos catros graos do certificado se encontra a entidade que o ostenta.
ABERTOS AO GALEGO é compatíbel con outros certificados públicos agora mesmo xa existentes, por exemplo para o sector comercial.

 

 

QUEN SE ENCARGA DO SEGUIMENTO E AVALIACIÓN?


A Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural de Galiza, con máis de vinte anos de historia ininterrompida, é a responsábel do seguimento, promoción e avaliación do certificado.

 

CALES SON AS VANTAXES DAS EMPRESAS OU ASOCIACIÓNS QUE CONTÉN CO CERTIFICADO ABERTOS AO GALEGO?

 

a. Figurarán no catálogo web, actualizado permanentemente na páxinawww.amesanl.org.
b. Poderán participar nos actos comarcais e nacionais que se realizarán cada ano para as entidades que ostenten o certificado e que terán difusión mediática.
c. Poderán acceder a descontos publicitarios en medios de comunicación que colaboraren co proxecto. Nestes momentos: Longalingua.
d. Poderán utilizar o distintivo do certificado alí onde o consideraren oportuno (A Mesa entregará os distintivos correspondentes).
e. Conseguirán un impulso ao uso da lingua que nos une como galegos e como galegas, participando dunha ampla rede social.