|
O
GALEGO, SEMPRE EN CONTA
Cambia
a túa nómina para unha caixa ou
banco que use o galego
A Mesa pola Normalización Lingüística
comeza unha campaña para que os bancos
e caixas de aforro utilicen o idioma galego
en todas as súas actividades.
Consideramos
que é unha irregularidade fóra
de tempo que estas entidades vivan de costas
á lingua propia de Galiza, entre outras
cousas porque proporcionan unha atención
máis que deficiente, de segunda categoría,
aos clientes que queremos ser atendidos en galego.
Ideamos
unha proposta moi sinxela. Reuniremos o máximo
número posíbel de persoas que
estexan dispostas a cambiar a súa nómina
para aquela entidade que se comprometa a dar
pasos importantes na súa galeguización.
Esta
campaña resultará moi efectiva
se contarmos co teu compromiso individual, que
ademais podes ampliar á túa empresa,
ou á entidade social, do tipo que sexa,
na que participes ou traballes.
Non
esquezas que cando mudas de banco ou caixa,
son eles os que se encargan de tramitar todos
os cambios de domiciliación de cobros
e pagamentos de recibos, e que tamén
lles interesa negociar os cambios de hipotecas
e empréstimos. Mais tampouco existe ningún
problema para que cambies a nómina e
que o empréstimo fique na vella entidade.
Os
teus compromisos e os da Mesa
1)
Cando asinas o documento adxunto só manifestas
a intención de facer o cambio de entidade
financeira. Evidentemente ti tes a última
palabra sobre a aceptación ou non, dependendo
de se che interesan as condicións que
negocie individualmente contigo a nova entidade.
2)
A Mesa pola Normalización Lingüística
negociará o compromiso de galeguización
con cada unha das empresas bancarias e caixas
de aforros.
3)
A Mesa pola Normalización Lingüística
negociará para os novos clientes as máximas
vantaxes, económicas e de xestión,
tamén que melloren as condicións
existentes actualmente no mercado.
4)
A Mesa pola Normalización Lingüística
entregará os datos que nos envías
no cartón adxunto á entidade ou
entidades que se comprometan a levar a cabo
a galeguización, e de entre elas, ás
que ofrezan as mellores vantaxes económicas
e de xestión.
5)
A Mesa pola Normalización Lingüística
garante que os datos que nos envías serán
manexados coa máxima discreción
e que tampouco serán entregados a ningunha
entidade que non cumpra cos requisitos anteditos.
Só
necesitamos que nos envíes os datos que
aparecen no cartón adxunto ao Apartado
247 - 15705 Santiago de Compostela.
Dou
licenza ao colectivo cívico A Mesa pola
Normalización Lingüística
para que utilice os meus datos aquí recollidos
coa finalidade de lograr os obxectivos que se
marcan dentro da campaña. A Mesa pode
entregar estes datos á entidade ou entidades
que cumpran cos requisitos de galeguización.
Eu
decidirei se acepto ou non as condicións
que esas entidades me propoñan posteriormente
e de xeito persoal.
En
calquera caso, A Mesa pola Normalización
Lingüística infórmame e comprométese
a cumprir cos requisitos estabelecidos na Lei
Orgánica 15/1999, de 13 de Decembro,
de Protección de Datos de Carácter
Persoal.
O
banco ou caixa de aforros que procuro debe cumprir
os seguintes requisitos:
-
Ter ao dispor do público todo tipo de
formularios en galego e en modelos monolingües.
- Ter en galego a rotulaxe interna da entidade.
- Desenvolver as campañas publicitarias,
cando menos, en galego.
- Os caixeiros automáticos terán
a opción de galego. Ademais, a opción
de mudanza para outra lingua debe partir desde
o galego.
- As páxinas web terán opción
en galego, debendo tamén estabelecerse
a opción de mudanza desde o galego.
- A correspondencia comercial farase en galego,
salvo que o cliente solicite que se faga noutra
lingua.
- A banca telefónica terá a opción
da atención en galego.
Nome
e apelidos
Carné
de Identidade
Enderezo
Código
Postal
Localidade
Correo
electrónico
Teléfono
fixo
Telemóbel
Profesión
Centro
de Traballo
Banco
ou caixa onde ten domiciliada a nómina.
Asdo.
|