A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asocia-te

“o bierzo”

por Manuel María
(O camiño é unha nostalxia
, 1985)

O Bierzo é como unha néboa azul e branca,

esfarrapada, inconcreta e esvaída,

unha soedade desamparada,

un silencio.

As súas aves máis cantoras son

o Sil, o Burbia e o Valcarce

monologando para ninguén

puras e eternas alboradas.

¿Que destino deixou a este país

sen as raigañas,

aboiando no ar da incertidume...?

¿Existe o Bierzo ou será tan só un nome,

unha perdida terra sen patria nin memoria,

unha mitoloxía fabulosa

ou unha nube feble e irreal

á que contemplaron un día os nosos ollos

asombrados, alucinados e fantásticos?

O Bierzo existe: idioma galego

irrenunciábel, pobre e vergoñento,

xurdindo do mesmo ser da terra

dun xeito necesario e natural

como unha árbore, un monte ou unha fonte.

O Bierzo é unha fermosura tan perfecta

que me fire moi fondo. E que me manca.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns
| Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate