A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asocia-te

“Un re-comezo da RN”

por Lois Diéguez
(Publicado n’A Nosa Terra nº 1148)

Hai xa moitos anos que acostumabamos a escoitar a chamada Radio Nacional (poñerémoslle aquí RN para que non confundamos iso do "nacional"), por emitir en galego, e porque nela "actuaban" Lino Braxe e Matesa Bourio, uns artistas, con aquelas escenas da ama e do amo da casa a varrer o lixo social que se lles amoreaba. Despois, a radio españolizouse e así durou e durou até facernos esquecer aquel conto de "era unha vez unha RN que falaba en galego...": Agora, de novo grazas ao deputado Francisco Rodríguez (canto lle debe Galiza a este valioso e valente home) a RN volve, ou vai emitir no noso idioma. Viva!, como exclamaba sempre que levaba unha alegría un meu amigo porugués. Viva!, pois, a nova. A loita de tanta xente, entre eles os d'A Mesa, tivo, á fin, a súa compensación. Ao acordo na comisión do Parlamento do Estado que o fixo posíbel, só lle devolvemos a espiña cravada pola deputada Mª Xosé Porteiro ao mudar o punto inicial de que Radio 4 emitise totalmente en galego por outro que, no canto diso, pedise simplemente o estudo de tal posibilidade. De non aceptalo Rodríguez, os demais puntos non se aprobarían. Mágoa que este detalle se ocultase nas noticias propagandísticas, e mágoa tamén que aínda teñamos que sufrir estas heroicas Agustinas de... Galiza.

 

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns
| Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate