A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate
 

BANCO GALLEGO


Se queres enviar a carta modelo, debes selecionar o texto e darlle á opción de "copiar" para logo "pegala" no correo.

 
TEXTO PROPOSTO:

Como saberá, nos últimos días Caixa Galicia e Caixanova comezaron o seu proceso de converter o galego na lingua de uso normal e preferente en todas as sucursais e a publicidade en Galiza.

Escríbolle este correo coa solicitude de que o BANCO GALLEGO non fique atrás neste proceso. Sen dúbidas, o uso plenamente normalizado do galego significaría unha mellora importante dos seus servizos, que redundaría nunha maior satisfacción por parte de todas as súas clientas e clientes.

As miñas solicitudes máis concretas son:

- Ter ao dispor do público todo tipo de formularios en galego e en modelos monolingües.
- Ter en galego a rotulaxe interna da entidade.
- Desenvolver as campañas publicitarias en galego para Galiza.
- Os caixeiros automáticos terán a opción de galego. Ademais, a opción de mudanza para outra lingua debe partir desde o galego.
- As páxinas web terán opción en galego, debendo tamén estabelecerse a opción de mudanza desde o galego.
- A correspondencia comercial farase en galego.
- A banca telefónica terá a opción da atención en galego. 

Agradecéndolle que responda á miña solicitude, despídome cun cordial saúdo,

 

 

 

 

 

 

 
     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns
| Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate