A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate
 

BANCO SANTANDER CENTRAL HISPANO


Non ten correo electrónico directo, polo que temos que utilizar o formulario que teñen na súa propia web.

Se queres enviar a carta modelo, debes selecionar o texto e darlle á opción de "copiar" para logo "pegala" no formulario.

 
   
 
TEXTO PROPOSTO:

Como saberá, nos últimos días Caixa Galicia e Caixanova comezaron o seu proceso de converter o galego na lingua de uso normal e preferente en todas as sucursais e a publicidade en Galiza.

Escríbolle este correo coa solicitude de que o BSCH non fique atrás neste proceso. Sen dúbidas, o uso plenamente normalizado do galego significaría unha mellora importante dos seus servizos, que redundaría nunha maior satisfacción por parte de todas as súas clientas e clientes, o cal, a teor da súa última campaña, é para vostedes singularmente importante.

As miñas solicitudes máis concretas son:

- Ter ao dispor do público todo tipo de formularios en galego e en modelos monolingües.
- Ter en galego a rotulaxe interna da entidade.
- Desenvolver as campañas publicitarias en galego para Galiza.
- Os caixeiros automáticos terán a opción de galego. Ademais, a opción de mudanza para outra lingua debe partir desde o galego.
- As páxinas web terán opción en galego, debendo tamén estabelecerse a opción de mudanza desde o galego.
- A correspondencia comercial farase en galego.
- A banca telefónica terá a opción da atención en galego. 

Agradecéndolle que responda á miña solicitude, despídome cun cordial saúdo,

 

 

 


Á dereita da pantalla tes ligazóns para varios tipos de formularios.

 

 

 

 

 
     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns
| Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate