Vexo con grande alegría que La Caixa é unha das entidades financeiras máis receptivas ao uso normal do galego. Por ese motivo, moitas persoas tomaron a decisión de se faceren clientas, posto que no seu día mesmo ofreceu uns servizos en galego dos que nin tan sequera dispuñan as caixas do país.
Como saberá, nos últimos días Caixa Galicia e Caixanova comezaron o seu proceso de converter o galego na lingua de uso normal e preferente en todas as sucursais e a publicidade en Galiza.
Escríbolle este correo coa solicitude de que La Caixa non fique atrás neste proceso. Sen dúbidas, o uso plenamente normalizado do galego significaría unha mellora importante dos seus servizos, que redundaría nunha maior satisfacción por parte de todas as súas clientas e clientes.
As miñas solicitudes máis concretas son:
- Colocar a opción web en galego como unha das principais e facelo nun galego correcto.
- Priorizar o galego nas súas campañas publicitarias en Galiza.
- Realizar en galego a correspondencia comercial para a clientela de Galiza.
- Garantir que a rotulaxe interna de todas as sucursais galegas sexa o galego.
- Que a banca telefónica teña opción de atención en galego.
Agradecéndolle que responda á miña solicitude, despídome cun cordial saúdo,
|