| |
 |

Descarga aquí os modelos de escrito:
|
A Lei de Normalización Lingüística de 1983 determina no seu artigo 10.1. que “os topónimos de Galiza terán como única forma oficial a galega”: desde entón, A Coruña é a única denominación oficial desta cidade; desde 1998, grazas á lei 2/1998, tamén é o nome oficial da provincia. Malia a resistencia do Concello da Coruña e doutras administracións durante moito tempo, asociacións, empresas e millares de particulares empregan con total normalidade e con orgullo o nome auténtico da súa cidade; moitos, desde hai xa anos.
Porén, a pesar de que entidades e institucións outrora reacias a aceptaren a legalidade comezan xa a cumprila, segue a haber excepcións –algunhas delas relevantes: é o caso do Clube de Golf e mais da Sociedade Deportiva Hípica; do Casino ou do propio Deportivo, un dos símbolos da Coruña e mesmo de Galiza polo mundo adiante.
Desde A Mesa da Coruña animámoste a que te dirixas ás directivas do Clube de Golf e mais da Hípica, que veñen de modificar os seus Estatutos, para lles lembrares o nome legal da nosa cidade e para que os animes a que deixen de ser sociedades emblemáticas dun lugar que non existe.
Progresivamente farémolo con outras entidades.
|

Aquí podes descargar un modelo de escrito de reclamación válido para calquera centro do SERGAS.
|
NON O DUBIDES: acudir a calquera centro médico ou hospitalario e demandar o uso do galego É UN DEREITO que a todas/os nos asiste. Se non cho garanten, RECLÁMAO!
Malia que a xestión e funcionamento das diferentes instalacións sanitarias galegas foi transferida á Xunta de Galiza –que creou o SERGAS –xa hai varios anos, un simple paseo por calquera centro de saúde ou complexo hospitalario de calquera das nosas vilas ou cidades fainos pensar que realmente a rede sanitaria pública depende de Madrid, Castela ou Andalucía: determinada sinaléctica estándar está normalizada (mais nin de lonxe toda a que hai), porén escritos e avisos do día a día dos centros aparecen unicamente en castelán; do mesmo xeito acontece coa atención ao público, telefónica e persoal, onde a lingua galega e os dereitos das persoas galegofalantes son excluídos.
O SERGAS, e todo o seu persoal sanitario, depende da Xunta e é, como tal, galego, ao servizo dunha sociedade cunha lingua de seu, o galego, que emprega maioritariamente.
Esta campaña, iniciada pola Mesa de Lugo, estase a estender a toda Galiza. Non deixes que conculquen os teus dereitos lingüísticos!
|
 |
TEMOS LINGUA PROPIA. QUEREMOS VIVIR NELA.
Hai un cuarto de século que o galego conseguiu un recoñecemento oficial que, aínda que foi insuficiente, o situaba no Estatuto de Autonomía como “lingua propia de Galiza”. Porén, o noso idioma, o único “idioma propio” que ten Galiza, continúa aínda moi por debaixo dos mínimos de cooficialidade.
O Día das Letras non é momento para a retórica nin para a propaganda vacía. As persoas e entidades que apoiamos este manifesto reclamamos as medidas e as accións para garantir o dereito de todos os galegos e todas as galegas a poder vivir en galego. Porque sabemos que, cunha política lingüística decidida, o galego terá garantido o seu futuro.
|


|
Ilumina o galego. Chama ao 902 513 513 e galeguiza a túa factura.
Se es cliente de Barras Eléctricas, chama ao teléfono 902 513 513 e pide que che envíen as facturas en galego.
A Zona de Lugo da Mesa pola Normalización Lingüística conseguiu un compromiso da empresa Barras Eléctricas para que todo cliente que así o manifeste poida ter a facturación na lingua de Galiza sen ningún tipo de problema. Só con chamar ao teléfono de atención.
Ademais, Barras Eléctricas comprometeuse a informar a toda a súa clientela da existencia desta opción.
A Mesa considera isto un primeiro e importante paso. Unha demostración de que co traballo activo e o debate se conseguen adiantos.
A organización continuará a traballar para que Barras Eléctricas realice a información á clientela por defecto na lingua do país, tal e como o seu día conseguiu con Telefónica ou Caixa Galicia.
Para que ese novo paso se produza tamén é importante que Barras Eléctricas reciba a demanda de centos de clientes e clientas.
|

|
RECLÁMALLE ao Concello de Lugo a galeguización do servizo ORA.
|
 Confrarías
|
SOLICITA
ÁS CONFRARÍAS QUE GALEGUICEN
A SEMANA SANTA DE FERROL.
Unha
das festas máis importantes que
hai na cidade de Ferrol é a Semana
Santa. Nesas datas, milleiros de persoas
achéganse a esa cidade para contemplar
unha festa de grande tradición.
Mais todo o que hai en torno a esa celebración
está en español: os carteis,
as revistas, os procesionarios
As
persoas que acoden a Ferrol pola Semana
Santa quedan polo tanto coa idea de unha
cidade onde o galego practicamente non
existe.
Diríxete ás confrarías
para pedirlles que sexan máis consecuentes
coa identidade de Ferrol e que galeguicen
a Semana Santa. Aquí poñemos
á túa disposición
un modelo de carta e o enderezo das confrarías.
|
 |
POR UN ESTATUTO DE NORMALIDADE PARA O GALEGO
A Mesa pola Normalización Lingüística desenvolve unha campaña para lles solicitar aos portavoces dos grupos do PSdG-PSOE, BNG e PP o apoio para que no novo Estatuto se recoñeza ao galego todas as garantías dunha lingua oficial.
Podes solicitar material por correo electrónico, por fax: 981 58 37 82, por teléfono: 981 56 38 85 ou correo postal (Apartado 247; 15705 Santiago de Compostela).
|
 |
 |
A MESA E AS CIBERIRMANDADES COLABORAN NESTA PROPOSTA
A contratación de viaxes a través de Internet estase a facer máis común en Galiza. Sobre todo se temos en conta que cada vez máis compañías aéreas de baixo custe están comezando a traballar nos aeroportos galegos.
Nunha análise ás páxinas web destas empresas, vemos que a grande maioría utilizan a toponimia galega deturpada. Non só isto, senón que ningunha delas ten unha versión en galego. Isto último é máis relevante aínda cando algunhas delas si que teñen versión noutras linguas oficiais do estado ademais do castelán.
A proposta da Mesa pola Normalización Lingüística e da Ciberirmandade é que as persoas sensibilizadas coa cuestión da lingua envíen correos electrónicos ás compañías aéreas que operan desde Galiza e aos buscadores de ofertas de viaxes correos electrónicos que non teñen en conta que tamén teñen clientes galegos. A idea é demostrarlles que hai unha demanda, e que hai un número importante de clientes ou potenciais clientes seus que teñen moi en conta a presenza ou non do galego como parte dos servizos de calquera empresa.
Colabora enviándolle a túa queixa!
|

|
| |
 Telefonía
 Terminal Grundig 402i |
SOLICITA E ESIXE SERVIZOS DE CALIDADE
A ESTAS COMPAÑÍAS:
CHAMA:
-
Calquera
compañía telefónica ofrece aos seus
clientes con contrato a posibilidade
de emitir as facturas en galego. Solicita
ese servizo. A chamada é gratuíta.
-
Vodafone
ten un servizo de atención ao cliente
en galego das 8 h ás 24 h. Solicítao
chamando gratuitamente a 123. Esixe
tamén a atención en galego as 24 horas
do día. Nestes momentos non hai opción
de atención en galego para
os contratos de empresas.
-
Movistar
ofrece só para os clientes con cartón
prepagamento a activación de todos
os servizos en galego. Chama ao 220
e actívao. Os clientes de contrato
non dispoñen de atención en galego;
deixa a túa queixa no 609. Unha vez
estabelezas contacto co teu interlocutor,
pide que che pasen co 'coordinador',
que é quen realmente debe receber
as queixas. A chamada é de balde.
Outra opción é chamar ao Centro de
relación co cliente, é o 109 desde
o telemóbel ou o 1486 desde o fixo.
Tamén podes deixar a túa queixa a
través de internet na seguinte
web.
-
Amena
non dispón de servizo de atención
ao cliente nin mensaxería en galego,
deixa a túa queixa, sen custe ningún,
no 470 se chamas desde un móbil
Amena, ou no 656 00 14 70 se chamas
desde outro teléfono. Si que
é posíbel activar o teu correo de
voz en galego, así que non deixes
de facelo.
ENVÍA:
-
cartas
ás compañías
de telefonía móbil solicitándolles
a utilización do galego con
normalidade:
Orange
*
Parque Empresarial La Finca
Paseo del Club Deportivo nº1, Edificio 8, 28223 Pozuelo de Alarcón (Madrid)
Telefónica - Móviles
*
Pza. Independencia, 6
28001 Madrid
Vodafone
*
Avda. de Europa, 1 (Central)
Parque Empresarial La Moraleja - Alcobendas
28108 Madrid
(* Modelos de carta actualizados dispoñíbeis en breve.)
-
cartas
aos fabricantes de teléfonos solicitando
a inclusión do idioma galego entre
as opcións das terminais. Podes descargar
aquí
as
cartas modelo e
aquí
os
enderezos a onde mandalas.
-
carta de parabéns
a Alcatel por ser a primeira compañía
que ofreceu o galego en todos os seus
telemóbeis.
- carta
de parabéns
a Movistar por incluir o galego no terminal
Grundig 402i.
|

Autoestradas |
AUDASA
(Autoestradas do Atlántico)
Solicita o uso do galego na sinaléctica,
nos tiquets, etc.
Descarga
a carta modelo AUDASA:
Podes enviala por
correo postal ou electrónico:
Autopistas del
Atlántico, CESA
Alfredo Vicenti, 15 - A
Coruña
a9@audasa.es
|
 |
GALEGUIZACIÓN
DA BANCA
Colabora
coa Mesa para conseguir a galeguización
deste importante sector
|
|
 |
|
 |
 |

Tamén dispoñíbel unha unidade didáctica e unha carta modelo para enviar aos fabricantes de teléfonos solicitando a opción en galego nas terminais
|
|
|