É a entidade foránea máis galeguizada. A dirección a nivel galego foi sempre moi receptiva ás solicitudes realizadas pola Mesa, mais aínda non ofrece en galego varios dos seus produtos financeiros.
A súa situación a respecto da nosa lingua é a seguinte:
- A maioría dos seus impresos están monolingües en galego.
- Dan opción de galego na súa web, mais de xeito secundarizado e con varios erros aínda sen corrixir.
- Tamén hai opción automática de galego nos caixeiros automáticos.
- A maioría das súas campañas publicitarias para Galiza son bilingües.
- A rotulaxe das sucursais é parcialmente en galego. |