Mércores, cuarta feira, 17 de outubro
MESA REDONDA: A INTEGRACIÓN DA COMUNIDADE CABO-VERDIANA NA GALIZA
-16:30, Galería Sargadelos, Santiago de Compostela.
Será tratado o proceso de integración da comunidade cabo-verdiana en Galiza, a través da experiencia de dúas persoas especialmente implicadas no caso concreto dos cabo-verdianos instalados en Burela.
Participantes:
-Bernardo Penabade, patrón da Fundación Via Galego.
-Luzia Oca, Antropóloga.
-Antonia Semedo, representante da comunidade cabo-verdiana en Burela.
MESA REDONDA: CABO VERDE TURÍSTICO
– 18.30, Galería Sargadelos, Santiago de Compostela.
Será tratada a situación do sector turístico cabo-verdiano e o seu atractivo turístico. Tamén se abordará a oportunidade que este sector ofrece para a internacionalización da empresa galega.
Participantes:
-Gualberto do Rosário, Presidente da União Nacional dos Operadores Turísticos, foi Primeiro-Ministro de Cabo Verde.
-Francisco Canabal, Presidente do grupo de empresas Canabal.
-Representante institucional da Dirección Xeral de Turismo.
Xoves, quinta feira, 18 de outubro
TRADICIÓN ORAL CABO-VERDIANA PARA NENAS E NENOS
– 10.30, Galería Sargadelos, Santiago de Compostela.
O grupo musical Batuko Tabanka, de procedencia cabo-verdiana e cuxas compoñentes viven en Burela desde hai anos, interpretarán música e contarán contos tradicionais do seu país a rapaces e rapazas de Santiago de Compostela.
SESIÓN DE TARDE SOBRE CABO VERDE
-
17.00, Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, na sala de visionado 1.
Proxectaranse dous documentarios, Cabo Verde Sabi (dirixido por Manolo Maseda) e Bitú (dirixido por Leão Lopes), presentados previamente polos seus directores.
Venres, sexta feira, 19 de outubro
MESA REDONDA: CABO VERDE, GALIZA E A PESCA
-
11.00, CETMAR, Vigo, organizado polo CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar).
Participantes
-Representante de CETMAR.
-Manuel R. Sequeiros, xerente da Organización de Palangreiros da Guarda.
-Nelson A. Ferreira Santos, presidente da Associação de Armadores de Pesca.
-Representante da Consellaría de Pesca e Asuntos Marítimos.
MESA REDONDA: LETRAS QUE UNEN
-
17.00, Kiosco Alfonso, A Coruña.
Mesa redonda na que dous escritores cabo-verdianos e dous escritores galegos, presentados por unha experta en literaturas lusófonas, falarán sobre a lingua galego-portuguesa como ferramenta útil de traballo.
Participantes:
-Felisa Rodrigues, profesora de literaturas africanas en lingua portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela.
-Carlos Quiroga, escritor galego.
-Xavier Alcalá, escritor e enxeñeiro de telecomunicación.
-Germano Almeida, escritor cabo-verdiano.
-José Vicente Lopes, escritor e xornalista cabo-verdiano.
RECITAL POÉTICO: CABO VERDE LÍRICO
-
19.00, Kiosco Alfonso, A Coruña.
Poetas galegos recitarán poesía cabo-verdiana.
Participantes:
-Yolanda Castaño.
-María Lado.
-Lucía Aldao.
-Estevo Creus.
-Enma Couceiro.
-Xavier Vásquez Freire.
Sábado 20 de outubro
CONCERTO: CABO VERDE SOA, CON FILIPE SANTO E BLICK.
-
22.00, Sala Capitol, Santiago de Compostela.
Actuarán os músicos Filipe Santo e Blick.
|