QUE É O CERTIFICADO ABERTOS AO GALEGO?
ABERTOS AO GALEGO é un certificado que se concede, en diferentes niveis, ás empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole que adopten e desenvolvan compromisos para a normalización do galego.
QUEN SE ENCARGA DO SEGUIMENTO E AVALIACIÓN?
A Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural de Galiza, con máis de vinte anos de historia ininterrompida, é a responsábel do seguimento, promoción e avaliación do certificado.
CALES SON AS VANTAXES DAS EMPRESAS OU ASOCIACIÓNS QUE CONTÉN CO CERTIFICADO ABERTOS AO GALEGO?
a. Figurarán no catálogo web, actualizado permanentemente na páxina www.amesanl.org/abertosaogalego.
b. Poderán participar nos actos comarcais e nacionais que se realizarán cada ano para as entidades que ostenten o certificado e que terán difusión mediática.
c. Poderán acceder a descontos publicitarios en medios de comunicación que colaboraren co proxecto.
d. Poderán utilizar o distintivo do certificado alí onde o consideraren oportuno (A Mesa entregará os distintivos correspondentes).
e. Conseguirán un impulso ao uso da lingua que nos une como galegos e como galegas, participando dunha ampla rede social.
CALES SON AS EMPRESAS QUE PERTENCEN A ABERTOS AO GALEGO?
Nesta ligazón pódese consultar a listaxe actualizada: http://www.amesanl.org/abertosaogalego