CALES SON AS COTAS PARA PODER OSTENTAR O CERTIFICADO?
A base é de 48 € / ano, ao que se acrecentarán 3 € / ano por cada traballador ou traballadora.
As organizacións sen ánimo de lucro que non estean participadas pola Administración pública, que teñan entre 1 e 5 traballadores, non terán que pagar suplemento ningún por traballador/a; as que teñan máis de 5, terán que pagar 3 € / ano por cada traballador/a, a partir da/o sexta/o.
As empresas ou entidades con varias sedes ou locais contabilizaranse de xeito diferenciado segundo cada un dos enderezos, xa que nas guías tamén aparecerán separadamente.
CAL É O DESTINO DO DIÑEIRO RECADADO NAS COTAS?
Todas as cotas recadadas irán destinadas integramente á xestión e ao desenvolvemento do propio proxecto do certificado (edición de folletos, catálogos, mantemento da páxina web etc) e ao obxectivo de promover a extensión do uso do galego no ámbito socioeconómico.