ABERTOS AO GALEGO.- Presentación en Santiago de Compostela o 26 de outubro
Abertos ao Galego organiza un acto de presentación do proxecto o próximo mércores (cuarta feira) 26 de outubro ás 20.30 horas no Restaurante O Dezaseis
Abertos ao Galego é un proxecto da Mesa pola Normalización Lingüística que ten o obxectivo de dinamizar e promover a presenza do galego no ámbito empresarial.
Na presentación van intervir:
- Laura Insausti, de Ela Diz (tenda de Santiago de Compostela);
- Carlos Cota, da libraría Aira das Letras de Allariz,
- Julio Peinó, de 1D2 Arquitectos (da Coruña)
- Iria Taibo, secretaria xeral da Mesa responsábel de Abertos ao Galego,
- Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística (entidade promotora de Abertos ao Galego)