A Mesa aproveita o San Valentín para pedirlle a Núñez Feijóo que "queira un pouquiño o galego"
Os dirixentes da Mesa participantes do acto recordaron que, tamén no referido á lingua, "obras son amores".
Carlos Callón, Iria Taibo e Fran Rei subliñaron que, "desde que preside a Xunta Alberto Núñez Feijóo non se produciu nin un só adianto para o noso idioma".
Os dirixentes da Mesa Carlos Callón, Iria Taibo e Fran Rei achegáronse ao rexistro da Xunta polo San Valentín. O motivo foi enviarlle unha carta ao presidente da Xunta e, aproveitando a data, tentar "tocar o seu corazonciño" para que "queira algo o galego".
Desde A Mesa critican que, desde que Alberto Núñez Feijóo goberna Galiza, non se produciu nin un só adianto para o noso idioma e que os retrocesos "son constantes e de gravidade".
No escrito reclaman que a Xunta de Galiza desenvolva unha política real de protección e fome
nto do idioma propio e reafirman a confianza en que a inmensa maioría das medidas contempladas no Plan xeral de normalización da lingua galega, apoiado por unanimidade no Parlamento galego, teñen aínda plena vixencia e son aplicábeis.ler máis
A primeira das palestras previstas no marco das xornadas, que se desenvolverán ao longo de todo o ano, tratará a situación sociolingüística do euskara da man do deputado de Amaiur Jon Iñarritu
Será esta sexta feira (venres) 24 de febreiro ás oito e media do serán na Biblioteca Municipal de Marín
PONTEVEDRA.- Conferencia da Mesa en Arcade (Soutomaior) o 24 de febreiro
Será ás 21 horas no Centro Social Abrente de Arcade (Avenida de Castelao, 48) coa participación de Fran Rei, vicepresidente da Mesa.
IPR Xestión é unha asesoría da localidade de Cerceda. A súa responsábel é Rocío da Igrexa Prego, e Abertos ao Galego estivo estes días falando con ela, para coñecer mellor os seus servizos e a súa relación co galego.
O larachés Xosé Cotelo é o novo responsábel da Mesa na zona de Bergantiños
Substitúe no cargo a Silvana Castro, veciña da parroquia carballesa de Artes e profesora de ensino medio, que ostentou a representatividade da asociación nos últimos anos e era voceira, xunto ao actor Artur Trillo, da plataforma Queremos Galego
A asociación cidadá advirte de que polo momento "nin unha soa" das campañas promocionais ou iniciativas impulsadas desde o departamento de María Luísa Cid "tivo en conta" o galego
A Mesa denuncia que os materiais promocionais do Entroido que se están a repartir no comercio e nos locais de hostalaría exclúen a denominación oficial de "Concello da Coruña"
A CORUÑA.- Asemblea do grupo local da Mesa o 22 de febreiro
Ás 20 horas no Café de Macondo (Rúa de Santo André, 106)
Entidades de todo tipo manifestan o seu apoio aos servizos de normalización lingüística municipais
A Mesa, a Real Academia (RAG), o Instituto da Lingua Galega (ILG), universidades, AGAL, AELG e administracións locais apoian un comunicado en defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL), e piden compromisos reais e recursos para o seu mantemento. O manifesto impulsouno a Coordinadora de Traballadoras/es de Normalización da Lingua (CTNL).
Presentacións en Ourense, Ferrol e Vigo do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
Os grupos de traballo da Mesa nesas zonas debaterán sobre as propostas prácticas contidas nese traballo do presidente da asociación.
Os actos serán o 24 de febreiro en Ourense, o 29 en Vigo e o 2 de marzo en Ferrol.
AS PONTES:- Convocada a 5ª edición do certame "As Boliqueiras"
A novidade deste ano é que se poderán presentar traballos en formatos audiovisuais
O tema dos traballos será a figura e a obra de Álvaro Cunqueiro
O prazo máximo para a entrega dos traballos finalizará o 16 de abril. Os premios entregaranse no transcurso dun acto que se celebrará o día 27 de abril.
ARTIGO.- "O estraño xuízo", por Manuel Rivas
O escritor e socio da Mesa publicou na edición galega do xornal El País un artigo sobre o xuízo ao presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón.
ABERTOS AO GALEGO.- Presentamos a incorporación máis recente a Abertos ao Galego: Tórculo
A máis recente incorporación a Abertos ao Galego é Tórculo, unha empresa de comunicación gráfica de Santiago de Compostela, con máis de 29 anos de historia. Tórculo é unha empresa ben coñecida en Galicia, pois ademais de ter unha gama moi ampla de servizos para empresas, teñen tamén tres puntos de venta nas tres cidades galegas de Santiago, Vigo e A Coruña.
XUSTIZA.- Máis dun millar de apoios ao manifesto Queremos xustiza para a nosa lingua
Un grupo representativo das persoas asinantes do manifesto chaman á participación cidadá na concentración convocada pola Mesa con motivo do xuízo a Carlos Callón
A mobilización cidadá en apoio a Callón e ás outras persoas denunciadas polo xuíz decano Fraga Mandián tivo lugar a pasada sexta feira 10 de febreiro no exterior do edificio dos Xulgados da Coruña
A Mesa lanza un manifesto perante o xuízo do seu presidente o vindeiro 10 de febreiro e convoca unha concentración de apoio
“O mundo ao revés: este xuíz denuncia a quen pide que se cumpra a lei!”
CORRELINGUA.- Galego, todo o que buscas: bota a andar o Correlingua 2012!
As festas finais do Correlingua, que terán lugar durante a primeira metade do mes de maio, están precedidas de distintas iniciativas lúdico-educativas para traballar na aula
O prazo previo de inscrición nos diferentes concursos remata o vindeiro 1 de febreiro
A Mesa parebenízase polo froito da presión cidadá e pola firmeza e compromiso do cidadán afectado, que non renunciou aos seus dereitos lingüísticos
A entidade advirte dos “difíciles retos” aos que se terá que enfrentar o novo titular da política lingüística da Xunta
A asociación en defensa do galego agarda do novo responsábel “a corrección institucional e a capacidade do diálogo de que careceu o seu antecesor”
A Mesa considera que a política cultural da Xunta pode ir “de mal en peor” cos novos nomeamentos
Carlos Callón: “A acción de goberno de Jesús Vázquez e Anxo Lorenzo cara á cultura galega só se pode sintetizar cunha palabra: destrución”.
Os méritos de Anxo Lorenzo e Jesús Vázquez entre 2009 e 2011 son executar a maior desprotección da lingua galega desde o franquismo.
O departamento de Anxo Lorenzo respondeu por escrito a un veciño que denunciaba a exclusión do uso do galego na Compañía de Tranvías da cidade que "desbota actuar"
A entidade cidadá en defensa do galego pregúntase "para que vale que exista esta Secretaría Xeral de Política Lingüística"
A Coruña.- A Mesa insta o alcalde da Coruña a non comezar o seu mandato "como un delincuente"
O presidente e o vicepresidente da asociación solicitaron formalmente esta mañá unha entrevista con Carlos Negreira
Entrevista ao presidente da Mesa na Cadea Ser
Nesta ligazón podes escoitar a entrevista realizada pola xornalista Aida Pena ao presidente da Mesa, Carlos Callón, na cadea Ser o pasado 14 de febreiro.
ARTIGO.- "O galego e Valentín Paz-Andrade", por Carlos Callón
Galaxia convidou o presidente da Mesa a escribir un artigo para o blogue desta editora. O texto aborda a manipulación que se está a producir do pensamento lingüístico da figura homenaxeada no Día das Letras 2012.
<< anterior Decembro 2011 seguinte >>