Especiais
  • banner dereita
  • banner dereita
Colectivos

Actualidade / Últimas noticias

Noticias | 21/05/2013

Non ás ameazas de sanción por usar o galego nos sinais públicos!

EN GALEGO, SEN EXCLUSIÓNS

 

Esta quinta feira (xoves) 23 de maio ás 19 horas na praza do Toural de Santiago de Compostela reclamamos que non se exclúa o galego en ningún sinal público.

 

O Goberno español ameazou con sancións de 162.000 euros á concesionaria das autoestradas por colocar algúns sinais tamén na lingua de Galiza.

 

As multas retiráronse grazas á presión social, mais a maioría dos indicadores continúan sen utilizar nunca o galego.

A pesar de que diversas normas legais estabelecen desde hai tres décadas que o galego ten que estar presente nas diversas sinalizacións públicas, son moitos os edificios do Estado (por exemplo, as comisarías da Policía Nacional, as delegacións da Axencia Tributaria, os cuarteis da Garda Civil...), da Xunta (por exemplo, os hospitais) ou a nivel local (por exemplo, no Concello da Coruña) que continúan a excluír maioritariamente o galego. Esta erradicación do noso idioma tamén se produce en moitas estradas, autovías ou autoestradas.

 

No relativo ás autoestradas, desde A Mesa pola Normalización Lingüística solicitouse en moitas ocasións, ao longo de anos, que se cumprise a Lei e que o galego non estivese ausente. Só en 2010 se conseguiu un compromiso por parte do ministro de Fomento para que se comezasen a rotular sinais no noso idioma; por exemplo, incluíndo a palabra “Peaxe” nas cabinas de pagamento.

 

Porén, en 2013, o Goberno español, a través da Garda Civil, notificou á concesionaria un total de 54 multas, por un importe de 3.000 euros cada unha, polo feito de que haxa eses sinais na nosa lingua. Argumentan que os sinais en galego non cumpren a Lei e que non tiveron autorización dun superior para a súa colocación. A mudanza, no entanto, realizouse para o galego por indicación do ministro, tras a petición da Mesa, e de acordo coa lexislación. Por exemplo, o real decreto 334/82, promulgado xa hai 31 anos, estabelece que o galego ten que estar presente nos rótulos de “estradas e autoestradas, estacións ferroviarias, de autobuses e marítimas, portos de interese xeral, aeroportos abertos ao tráfico comercial, pasos fronteirizos e demais instalacións ou servizos de interese público xeral”.

 

Por que o Goberno español fiscaliza e mesmo ameaza con sancións aqueles sinais que si cumpren a Lei, ao non excluíren o galego, e non fai nada para que se inclúa a lingua de Galiza na inmensa maioría dos indicadores, para que así pasen a cumprir a Lei? Por que a Garda Civil, que incumpre a lexislación ao non utilizar o galego como lingua oficial, denuncia a quen si cumpre coa Lei?

 

Foi grazas á presión social que o Goberno español recuou na súa proposta neofranquista, mais os problemas de exclusión do noso idioma continúan. O galego é lingua propia de Galiza, é lingua oficial desde hai máis de 30 anos, e no entanto continúa a estar fóra de moitos sinais públicos. É tempo de que se corrixa!

 

Estamos nun momento de involución para os nosos dereitos lingüísticos. Queren deixar sen efecto o recoñecemento do galego como lingua propia e a súa oficialidade. Non lles importa recorreren mesmo á ameaza de sancións económicas, nun estilo que non pode ser cualificado máis que como neofranquista. De nós depende que iso non aconteza!

 

Cómpre que nos mobilicemos! Por iso, achégate á concentración en defensa do galego que se vai realizar a vindeira quinta feira (xoves) 23 de maio ás 19 horas na praza do Toural de Santiago de Compostela.

 

Queremos galego!

 

 ler máis

Noticias | 22/05/2013

Parabéns polo éxito mobilizador en defensa da nosa lingua!

O 17 de maio enchemos de novo a capital de Galiza nunha enérxica declaración de amor ao noso idioma. A forza do noso amor non vai ser inútil!


Noticias | 22/05/2013

Nova incorporación a Abertos ao Galego: Galileo Nenos, xoguetes educativos en galego

 

O seu primeiro xoguete é A Cidade de Cenorio, mais desde hai unha semana teñen tamén O Crebacabezas de Galicia

 


Noticias | 18/05/2013

A Mesa considera “repulsivo” que o PP aprobase unha lei contra o galego no Día das Letras Galegas

Carlos Callón: “O PP cospe na cultura galega ao aprobar a Lei da Wertgoña o día en que festexamos a existencia da nosa lingua, da nosa literatura, da nosa cultura”.

 

A entidade felicita todas as persoas que, “a pesar da negrura destes tempos, fixeron posíbel onte un novo éxito de mobilización en defensa da nosa lingua” e rexeita a “xordeira social do PP”.

 

 


Noticias | 16/05/2013

Queremos Galego Deza chama á mobilización pola nosa lingua

 

A plataforma Queremos Galego do Deza presentou a mobilización que terá lugar o 17 de maio e que sairá da Alameda de Santiago de Compostela ás 12 da mañá

 


Noticias | 16/05/2013

Presentan manifesto animando á participación na mobilización do 17 de maio

Entre os asinantes deste manifesto están o adestrador Fernando Vázquez, os escritores Suso de Toro, Margarita Ledo, Bernardino Graña, Manuel Rivas, Begoña Caamaño, Marilar Aleixandre, Agustín Fernández Paz, Teresa Moure, Marta Dacosta, Xabier Docampo, Yolanda Castaño, Nacho Taibo, Pilar García Negro, Francisco Pillado e Carlos Taibo, os músicos Mercedes Peón, Uxía, Projecto Mourente, Guadi Galego, Mini e Mero, Xurxo Souto, Magín Blanco e Tonhito de Poi, os actores Chisco Amado, Isabel Risco, Laura Ponte e Quico Cadaval e o humorista Xosé Lois González O Carrabouxo.

 


Noticias | 15/05/2013

Facebook continúa con Arteijo e Rianjo por causa da Xunta

 

A Mesa denuncia que moitos topónimos que se normalizaran na vida social nos últimos trinta anos estanse a visibilizar de novo coas súas formas detrupadas

 

A asociación en defensa da lingua sinala como responsábeis os mapas “Bing” que usa Facebook, que pertencen a Microsoft, compañía coa que a Xunta en xeral e a SXPL en particular asina convenios millonarios

 

 


Noticias | 15/05/2013

Queremos Galego de Ferrol chama a acudir a Santiago de Compostela á manifestación en apoio á nosa lingua propia o Día das Letras Galegas

 

Será unha nova mostra de que a inmensa maioría desta sociedade desexa mil anos máis para o galego

 

 


Noticias > Zonas > Lugo | 15/05/2013

Queremos Galego fixo un chamamento ás luguesas e lugueses para que participen na manifestación deste 17 de maio en Santiago de Compostela

 

Haberá autobuses que sairán de diante de Sindicatos na Rolda da Muralla ás 10.00 da mañá

 


Noticias | 14/05/2013

O presidente de sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña di non coñecer precedentes do interrogatorio a que foi sometido Carlos Callón a semana pasada

O maxistrado Ángel Judel declarou na Ser que "as sentenzas absolutorias que se basean en probas persoais (como foi neste caso, en que a acusación particular repetiu o interrogatorio contra o presidente da Mesa) son practicamente irrecorríbeis, segundo o Tribunal Constitucional e o Tribunal Supremo".


A Mesa considera motivo de "alerta social" que se poidan producir "procedementos xudiciais extraordinarios contra persoas que o único que fixeron foi declarar en público a súa defensa da Lei de normalización lingüística".


Noticias | 14/05/2013

Miles de escolares participaron hoxe no Correlingua en Santiago baixo o lema “Galego, a chave do mundo”

 

A carreira pola lingua discorreu polo casco vello e rematou na Alameda

 


Noticias | 14/05/2013

Fai deste 17 de maio unha xornada histórica. Participa na manifestación de Queremos Galego


A manifestación de percorrerá as rúas de Compostela baixo o lema "Non queremos ser estranxeiras na propia patria. Queremos Galego!"


Sairá ás 12.00h da Alameda de Santiago de Compostela

 


Noticias | 13/05/2013

Carrefour discrimina o galego

 

A Mesa trasladou ao grupo Carrefour as queixas de varios clientes indignados polo trato que a nosa lingua recibe nos seus supermercados

 

A empresa non explica a razón de que o galego reciba un trato diferente ás outras linguas cooficias do Estado

 


Noticias | 12/05/2013

A Mesa advirte a Gas Natural Fenosa que denunciará ante Consumo calquera paso atrás na atención en galego da compañía

 

A Mesa apoia as mobilizacións do Comité de Empresa de Teleperformance A Coruña contra a deslocalización do servizo de atención á clientela e inclúe esta reivindicación entre as que se levarán á manifestación do 17 de maio.
 
Susana Méndez, vicepresidenta da Mesa: “Animamos a cidadanía a presentar queixas nas oficinas de Consumo se a compañía lles nega a atención en galego”.


Noticias | 12/05/2013

Actos de Carlos Callón esta semana en Corcubión, Carballo, Lugo, A Estrada e Ponteareas

O presidente da Mesa estará nas seguintes localidades antes da manifestación nacional do vindeiro 17 de maio:


Noticias | 11/05/2013

Ordenan colocar adhesivos enriba dos únicos sinais que hai en galego na AP-9

Autoestradas do Atlántico leva anos respondendo á Mesa que non coloca a sinalización tamén en galego, como di a Lei, debido aos custos, mais si ten diñeiro para eliminar os poucos sinais que si estaban xa no noso idioma.

 

Carlos Callón: “Accións como estas demostran a pretensión de varrer calquera presenza pública da lingua galega e a importancia de que nos movamos en defensa do noso neste momento histórico tan delicado”.

 

“Esta nova agresión tamén estará presente na manifestación do vindeiro 17 de maio”.


Noticias | 07/05/2013

A Mesa apoia as reivindicacións do profesorado colaborador da SXPL

 

Unha representación do profesorado dos Celga reuniuse coa Mesa para nos trasladar as súas propostas de mellora do sistema de certificación de galego para adultos

 


Noticias | 07/05/2013

Queremos Galego apoia a folga convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público para o vindeiro día 9 de maio

 

Queremos Galego denuncia que a LOMCE recolle o peor da política centralista e españolizadora do PP, alén de ser discriminatoria e antidemocrática

 

Susana Méndez: “a LOMCE afonda no camiño xa iniciado polo goberno de Alberto Núñez Feijóo e o conselleiro Jesús Vázquez, que poñen todo o seu empeño en intentar conseguir a desaparición da nosa lingua do ensino e da vida cotiá en xeral”

 


Noticias | 06/05/2013

Noticias | 06/05/2013

Callón presenta un recurso para tentar parar a insólita e excepcional repetición do xuízo na súa contra, “algo que sería dificilísimo de imaxinar se o denunciante non fose outro xuíz”

 

A Mesa está preocupada pola grave aparencia de que se están a forzar corporativamente os procedementos xudiciais habituais para que se sancione a quen non fixo máis que realizar declaracións de defensa da Lei

 

Repetir o xuízo “vulneraría o dereito constitucional á defensa” xa que “sería tanto como darlle a posibilidade ao ex xuíz decano da Coruña de ir probando distintos tribunais até conseguir unha decisión do seu agrado”

 


Noticias | 03/05/2013

A Mesa convoca unha concentración diante da Audiencia Provincial da Coruña en apoio a Carlos Callón

 

Nunha insólita decisión a Audiencia Provincial repetirá o xuízo contra o presidente da Mesa

 

Terá lugar o próximo 10 de maio ás 10:00h


Noticias | 03/05/2013

As novidades desta semana de Abertos ao Galego

Baía Edicións, Aira das Letras e Sermos Galiza, Alvarella, Edicións Xerais, Tórculo e MeuBook e Edicións Positivas


Noticias | 02/05/2013

Non queremos ser estranxeiras na propia patria. Queremos galego!

 

Axúdanos a facer do próximo 17M unha xornada histórica


Difunde o cartaz da manifestación nacional pola lingua que sairá o 17M ás 12.00 h da Alameda de Santiago de Compostela

 

 


Noticias | 02/05/2013

Entrevista a Carlos Callón na Ser

Podes ouvir aquí a entrevista ao presidente da Mesa con motivo da convocatoria da manifestación nacional do vindeiro 17 de maio.


Noticias | 02/05/2013

Presentación en Pontedeume de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez

Será o vindeiro sábado, 4 de maio, ás 18.00 h no local social do colectivo Terra

 


Noticias | 26/04/2013

Co lema “O Galego, a chave do mundo” arrinca o 2 de maio o Correlingua 2013


O Teatro Principal de Pontevedra acolleu a entrega dos premios ao alumnado gañador dos concursos de elaboración do manifesto, banda deseñada, e vídeo

 


Noticias | 25/04/2013

Noticias | 24/04/2013

A Mesa reclama á dirección do PSdG-PSOE que desautorice publicamente a moción en Muros contra o uso do galego

 

Carlos Callón: “O delirio galegófobo da alcaldesa socialista pretende facer pasar como vítima de discriminación lingüística a quen, cobrando do diñeiro público, prohibe á veciñanza de Muros falar galego nas dependencias do concello”

 

“É difícil de entender que o PSOE de Muros lle faga o xogo ao PP nesta fedorenta política contra a cultura galega e contra os dereitos lingüísticos da poboación”

 


Noticias | 19/04/2013

Queremos Galego convoca manifestación nacional o 17 de maio

A manifestación nacional pola lingua sairá da Alameda de Santiago de Compostela ás 12.00.

 


Noticias | 18/04/2013

A Mesa demanda unha presenza real da nosa lingua na UNED

 

O estudantado da UNED denuncia que o galego non é recoñecido nin tolerado na universidade a distancia

 

Roberto Otero Ledo, socio da Mesa, presentou a súa candidatura ás eleccións de delegados reclamando máis presenza das linguas cooficiais

 

 


Noticias | 17/04/2013

A Mesa advirte de que hai “moitos, moitos anos que o exame teórico para sacar o carné de conducir se pode facer en galego” e denuncia que a Xunta “publicite como unha novidade histórica o que non o é para nada”

Carlos Callón: “A Xunta vende fume e gasta tempo e diñeiro para que a normalización non avance”.

“Onte, igual que hoxe, pódese facer o exame de conducir en galego, o problema é que onte, igual que hoxe, non existen materiais nas autoescolas para poder estudalo”.

 


Noticias | 12/04/2013

As novidades desta semana das empresas de Abertos ao Galego

Últimas novidades de Edicións Xerais; Amarante coorganiza a presentación do documentario Con tu dinero; novidades do Club Kiriko da man da libraría Aira das Letras


Noticias > Zonas > As Pontes | 10/04/2013

A Mesa das Pontes convoca a VI edición do concurso As Boliqueiras

 

O prazo para presentar os traballos remata o 6 de maio

 

 


Noticias | 09/04/2013

A Mesa exixe a destitución do asesor xurídico do Concello de Muros que impide aos muradáns expresárense en galego, quer por “inepto”, quer por “fascista”

 

Calos Callón: “É insólito que alguén que cobra do diñeiro público en concepto de asesor xurídico descoñeza un dos piares do noso ordenamento xurídico”

 

A organización en defensa do idioma dirixiu un escrito á alcaldesa de Muros, Caridad González, solicitando que non continúe a permitir que o odio do seu asesor cara á lingua se traduza en coaccións á veciñanza

 

A Mesa amosou o seu apoio ao seu socio Xosé Ramón Farinós, que foi denunciado por criticar nas redes sociais que o asesor finxise nun xuízo no que representaba o Concello non entender galego para impedir que se use o idioma propio e oficial de Galiza

 


Noticias | 04/04/2013

Os Golgorotos de 4º da ESO do IES A Pinguela de Monforte, grupo gañador do concurso de manifesto do Correlingua 2013

 

O alumnado de 4º da ESO do IES Pintor Colmeiro de Silleda obtivo o segundo premio

 


Noticias | 22/03/2013

A Génesis Seguros non lle importa o que che importa

 

A Mesa denuncia que Génesis Seguros oferta a posibilidade de que a clientela galega faga as súas pólizas en catalán, alemán ou inglés, mais non en galego.

Génesis Seguros négalle reiteradamente a un cliente unha copia da súa póliza en galego, incumprindo a Lei de Contrato de Seguros e as directivas europeas.

 

Carlos Callón: “A moitos galegos e a moitas galegas impórtanos podermos utilizar a nosa lingua. Se de verdade a Génesis lle importa o que nos importa, tal e como reza a súa publicidade, teñen unha ocasión de o demostraren”.

 

 

 


Noticias | 03/05/2012

Coñece a tenda virtual de Queremos Galego

Desde esta ligazón podes ver e comprar os materiais da plataforma unitaria Queremos Galego.

 

 


Noticias | 26/04/2012

Se nos segues no twitter, axúdasnos a ter máis forza!

Axenda / Calendario de actos

<< anterior Maio 2012 seguinte >>

M
01
M
02
X
03
V
04
S
05
D
06
L
07
M
08
M
09
X
10
V
11
S
12
D
13
L
14
M
15
M
16
X
17
V
18
S
19
D
20
L
21
M
22
M
23
X
24
V
25
S
26
D
27
L
28
M
29
M
30
X
31
HOXE 23/05/2013

Premios Abertos ao Galego e Via Galego

O día 19 de decembro entréganse en Pontevedra os Premios Abertos ao Galego e Via Galego, a Tuenti e a Asociación de Docentes de Portugués en Galiza. O acto celébrase ás 20.30 no Pazo da Pedreira


Acto simbólico, derrogación XA do decretazo contra o galego

O 12/12/12 ás 12, convidámoste a participar nun acto creativo que terá lugar en San Caetano


Presentación nacional de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez

O xoves 13 de decembro ás 20.00 no Centro Sociocultural do Ensanche de Santiago de Compostela (rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 baixo).

ver todos os actos do mes