Mocidade pola Normalización Lingüística

QUE É A MOCIDADE POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA?

A Mocidade pola Normalización Lingüística é a sección xuvenil da MESA. Pretende a auto-organización da xuventude con consciencia lingüística, traballando co obxectivo de converter o galego en lingua de prestixio para as novas xeracións da Galiza.

A xente nova debe demandar das Administracións Públicas unha política de fomento e promoción da nosa lingua, para que esta poida progresar socialmente. Non podemos continuar permitindo que os nosos dereitos lingüísticos sexan vulnerados.

QUE FAI A MOCIDADE POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA?

Desenvolvemos accións para incorporar o galego a diversos ámbitos. Así, coordinamos unha plural Plataforma do Alumnado pola Galeguización do Ensino Medio, exiximos da Xunta de Galiza unha política específica de normalización lingüística para as xeracións máis novas, demandamos o fomento de cinema na nosa lingua, reclamamos os dereitos lingüísticos do alumnado na universidade, etc.

COMO PODES COLABORAR CON MOCIDADE POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA?

Do mesmo xeito que A MESA, a Mocidade pola Normalización Lingüística ten como marco de traballo as asembleas territoriais e os grupos de traballo.

Se te animas a colaborar non tes máis que pórte en contacto connosco a través do enderezo ou dos teléfonos que aparecen máis abaixo. Necesitamos máis asociadas e asociados para ampliar a repercusión social das nosas iniciativas. A cota anual mínima é de 18 euros. Se ti tamén queres gozar coa nosa língua, xa sabes: Chámanos!!

 

Enderezo da Mesa:
Rúa do Vilar, 15 - 1º Dereita
15705 Santiago de Compostela
Telefone             981 563 885       | Fax 981 853 885
Correo electrónico mocidade@amesanl.org

Colabora / Contribúe

banner de ejemplobanner de exemplr 2

 

Galeria de fotos: