Especiais
  • banner dereita
  • banner dereita
Colectivos

Mocidade

QUE É A MOCIDADE POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA?

Mocidade pola Normalización Lingüística é a sección xuvenil da MESA. Pretende a auto-organización da xuventude con consciencia lingüística, traballando co obxectivo de converter o galego en lingua de prestixio para as novas xeracións da Galiza.

A xente nova debe demandar das Administracións Públicas unha política de fomento e promoción da nosa lingua, para que esta poida progresar socialmente. Non podemos continuar permitindo que os nosos dereitos lingüísticos sexan vulnerados.

QUE FAI A MOCIDADE POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA?

Desenvolvemos accións para incorporar o galego a diversos ámbitos. Así, coordinamos unha plural Plataforma do Alunado pola Galeguización do Ensino Médio, esiximos da Xunta de Galiza unha política específica de normalización lingüística para as xeracións máis novas, demandamos o fomento de cinema na nosa língua, reclamamos os dereitos lingüísticos do alunado na universidade, etc.

COMO PODES COLABORAR CON MOCIDADE POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA?

Do mesmo xeito que A MESA, a Mocidade pola Normalización Lingüística ten como marco de traballo as asembleas territoriais e os grupos de traballo.

Se te animas a colaborar non tes máis que porte en contacto connosco a través do enderezo ou dos telefones que aparecen mais abaixo. Necesitamos máis asociadas e asociados para ampliar a repercusión social das nosas iniciativas. A cuota anual mínima é de 15 euros. Se ti tamén queres gozar coa nosa língua, xa sabes: Chámanos!!

 

Enderezo da Mesa:
Rúa do Vilar, 15 - 1º Dereita
15705 Santiago de Compostela
Telefone             981 563 885       | Fax 981 853 885
Correo electrónico mocidade@amesanl.org