Campañas
- Os termos de busca poden introducirse en maiúsculas, minúsculas, con til, diérese, etc. ou sen eles.
- Para efectuar unha busca pode facelo de tres maneiras:
- Por texto a buscar en todalas campañas publicadas.
- Por Título do artigo
- Por ano de publicación
- Por categoría da campaña
Pode selecionar un, todos ou varios campos de busca para axustar a busca.
Circular informativa enviada aos centros de ensino sobre a folga do 19 de abril
Facilitamos o texto da circular informativa remitida a semana pasada por correo electrónico a todos os institutos con alumnado chamado a secundar a folga estudantil do vindeiro 19 de abril por se nalgún caso non vos chegou ou o equipo directivo do voso centro non vola fixo chegar.
Esta circular ía dirixida ás Xuntas de delegadas/os, representantes de estudantes nos Consellos Escolares e alumnado que traballa nos equipos de normalización e dinamización lingüística de IES, CPI e CIFP.
Descarga os materiais informativos da folga do 19 de abril e axúdanos a difundilos
Se queres recibir máis información sobre o paro ou sobre como o podes organizar no teu instituto envíanos un correo a mocidade@amesanl.org
Axúdanos tamén a difundir a folga a través das redes sociais, partillando entre os teus contactos os eventos do tuenti e do facebook, así como o hashtag #19Aestudantespologalego no twitter
Documentos
- Folleto en JPG
1.32Mb - Cartaz en JPG
2.46Mb - Folleto en PDF
0.32Mb
Os convocantes denuncian que o uso do galego no ensino está mesmo por baixo do 20% en boa parte dos centros
A Mesa e as súas mocidades, os Comités, a Liga Estudantil Galega e o Sindicato de Estudantes advirten que o de Galiza é o único sistema educativo de todo o Estado onde se prohibe impartir determinadas materias na lingua propia