- Os termos de busca poden introducirse en maiúsculas, minúsculas, con til, diérese, etc. ou sen eles.
- Para efectuar unha busca pode facelo de tres maneiras:
Pode selecionar un, todos ou varios campos de busca para axustar a busca.
A primeira das palestras previstas no marco das xornadas, que se desenvolverán ao longo de todo o ano, tratará a situación sociolingüística do euskara da man do deputado de Amaiur Jon Iñarritu
Será esta sexta feira (venres) 24 de febreiro ás oito e media do serán na Biblioteca Municipal de Marín
PONTEVEDRA.- Conferencia da Mesa en Arcade (Soutomaior) o 24 de febreiro
Será ás 21 horas no Centro Social Abrente de Arcade (Avenida de Castelao, 48) coa participación de Fran Rei, vicepresidente da Mesa.
IPR Xestión é unha asesoría da localidade de Cerceda. A súa responsábel é Rocío da Igrexa Prego, e Abertos ao Galego estivo estes días falando con ela, para coñecer mellor os seus servizos e a súa relación co galego.
O larachés Xosé Cotelo é o novo responsábel da Mesa na zona de Bergantiños
Substitúe no cargo a Silvana Castro, veciña da parroquia carballesa de Artes e profesora de ensino medio, que ostentou a representatividade da asociación nos últimos anos e era voceira, xunto ao actor Artur Trillo, da plataforma Queremos Galego
A CORUÑA.- Asemblea do grupo local da Mesa o 22 de febreiro
Ás 20 horas no Café de Macondo (Rúa de Santo André, 106)
A asociación cidadá advirte de que polo momento "nin unha soa" das campañas promocionais ou iniciativas impulsadas desde o departamento de María Luísa Cid "tivo en conta" o galego
A Mesa denuncia que os materiais promocionais do Entroido que se están a repartir no comercio e nos locais de hostalaría exclúen a denominación oficial de "Concello da Coruña"
Entidades de todo tipo manifestan o seu apoio aos servizos de normalización lingüística municipais
A Mesa, a Real Academia (RAG), o Instituto da Lingua Galega (ILG), universidades, AGAL, AELG e administracións locais apoian un comunicado en defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL), e piden compromisos reais e recursos para o seu mantemento. O manifesto impulsouno a Coordinadora de Traballadoras/es de Normalización da Lingua (CTNL).
Presentacións en Ourense, Ferrol e Vigo do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
Os grupos de traballo da Mesa nesas zonas debaterán sobre as propostas prácticas contidas nese traballo do presidente da asociación.
Os actos serán o 24 de febreiro en Ourense, o 29 en Vigo e o 2 de marzo en Ferrol.
A Mesa aproveita o San Valentín para pedirlle a Núñez Feijóo que "queira un pouquiño o galego"
Os dirixentes da Mesa participantes do acto recordaron que, tamén no referido á lingua, "obras son amores".
Carlos Callón, Iria Taibo e Fran Rei subliñaron que, "desde que preside a Xunta Alberto Núñez Feijóo non se produciu nin un só adianto para o noso idioma".
AS PONTES:- Convocada a 5ª edición do certame "As Boliqueiras"
A novidade deste ano é que se poderán presentar traballos en formatos audiovisuais
O tema dos traballos será a figura e a obra de Álvaro Cunqueiro
O prazo máximo para a entrega dos traballos finalizará o 16 de abril. Os premios entregaranse no transcurso dun acto que se celebrará o día 27 de abril.