Noticias | 22/02/2012

24 de febreiro: agasalla un libro en galego e unha flor

A Mesa súmase á proposta de festexar o 24 de febreiro como o Día de Rosalía.

 


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convida a que, desde este ano, festexemos o día de Rosalía de Castro o 24 de febreiro, o aniversario do seu nacemento.

 

A Mesa pola Normalización Lingüística apoia a iniciativa, que se concreta en dúas grandes propostas. Primeiro, no ámbito persoal, en agasallarmos un libro en galego e unha flor. Ademais, vanse realizar tamén actos públicos de lectura da obra de Rosalía de Castro; a súa poesía ou prosa reflexiva son base indispensábel para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.


Estes son os actos confirmados até o momento:

- Santiago de Compostela, 18:00 h. Panteón de Galegos Ilustres (PDF, JPG).

- A Coruña, 18:30 h. Kiosko Alfonso (PDF, JPG).

- Lugo, 10:30 h. Salón de actos do IES Lucus Augusti  (PDF, JPG).

- Ourense, 19:00 h. Liceo de Ourense (PDF, JPG).

- Ferrol, 19:00 h. Galería Sargadelos (PDF, JPG). Ademais, até o día 24 de febreiro, agasará cun libro e unha flor os clientes que merquen libros.

- Vigo, 19:30 h. Museo de Arte Contemporánea (MARCO)  (PDF, JPG).

- A Rúa, 18:30 h. Biblioteca Pública Municipal, Casa da Cultura (PDF, JPG).

- Pontevedra, 18:00 h. Casa das Campás (PDF, JPG).

- Monforte, 21:00 h. Centro de Interpretación do Viño de Monforte de Lemos.

- Sabarís, Baiona, todo o día No Mercado da Tía Ni agasallarase a todos os seus clientes e todas as súas clientas cun libro en galego.

- Allariz Libraría Aira das Letras. O 24, 25 e 26 de febreiro, darase como presente unha flor por cada libro comprado.

- Outes. Cada persoa que visite a Casa da Cultura de Outes, será agasallada cun libro en galego e unha flor.

- Oleiros. Bibliotecas Municipais. Xunto ás exposicións bibliográficas de obras de e sobre Rosalía, repartiranse marcapáxinas con poemas seus, e as persoas que leven algún fondo bibliográfico en préstamo serán agasalladas cun libro en galego.

- Muxía. O Concello de Muxía agasalla aos centros educativos do muunicipio cunha rosa e o libro Átonos, de Rosalía Fernández Rial.

- O Carballiño. 18:00 h. Diante do Casino do Carballiño, entidade que organiza o acto. Tras a lectura do texto sobre Rosalía sortearase un libro entre os/as participantes. Lerá o manifesto Eladino Cabanelas, responsábel da Mesa na zona.


Máis información na páxina da AELG.

categoria: Noticias