Especiais
  • banner dereita
  • banner dereita
Colectivos
Noticias | 18/09/2012

Conferencia en Ponteareas sobre "Como defenderes os teus dereitos lingüísticos"

O presidente da Mesa desenvolverá unha radiografía da situación do noso idioma e das alternativas para a súa defensa este sábado 22 ás 21 h, dentro do Festival das Brétemas de Ponteareas. A súa intervención estará interpretada tamén en linguaxe de signos.

 

 

Ese mesmo día, dentro da programación do Festival das Brétemas, desenvolveranse as seguintes actividades:

 

18:00  Praza Maior
Actividades Infantís:
-Obradoiro de Malabares
-Globoflexia
-Pinturas faciais.
-Obradoiro de debuxo…fai a túa mascota das Brétemas.
-Concerto de Nayama.
19:00 -Concerto das Xinetas
19:45 -Pasarrúas de Nayama dende a Praza Maior ata o Auditorio.
20:00- Auditorio Reveriano Soutullo
- Proxección de curtametraxes:
-”TÍ” Unha cara entre a muller e a historia.
-”CARAPUCHIÑA E O POBO FEROZ” Curiosa revisión dun conto clásico.
-”MIRADAS” O 15-M en Ponteareas dende un “punto de vista” diferente.
-”OS POETAS DO INMEDIATO” A regueifa vista dende dentro.
21:00 Charla:
“COMO DEFENDERES OS TEUS DEREITOS LINGÜÍSTICOS” por Carlos Callón (Presidente da MESA pola Normalización Lingüística) e estará interpretada en Linguaxe de Signos.

 

 

categoria: Noticias