- Os termos de busca poden introducirse en maiúsculas, minúsculas, con til, diérese, etc. ou sen eles.
- Para efectuar unha busca pode facelo de tres maneiras:
Pode selecionar un, todos ou varios campos de busca para axustar a busca.
Conferencia en Monforte do vicepresidente da Mesa, Carlos Outeiro
O 18 de maio ás 20.15 h, no Salón de Actos da Casa da Cultura.
Coñece a tenda virtual de Queremos Galego
Desde esta ligazón podes ver e comprar os materiais da plataforma unitaria Queremos Galego.
O 4 de maio entréganse nas Pontes os premios das Boliqueiras
Ás 19 h no Auditorio Municipal das Pontes, coa participación da responsábel da Mesa na Zona, Mónica da Silva.
A túa achega será unha flor para a primavera do galego
Podes facer a túa doazón a Queremos Galego a través do número de conta 2100 5753 01 02 00053054, de La Caixa. Rogámosche que indiques no concepto “Achega individual 17 de maio de 2012”. Co teu apoio dáslle forza á nosa lingua e ao movemento cidadán que a defende.
Sentada pola lingua nas Pontes
O 12 de maio ás 12 h no parque municipal da localidade.
Velaquí o evento no facebook.
Recital-conferencia na Coruña "Itinerario poético pola defensa do idioma"
O 23 de maio ás 20 h no Centro Cultural Ágora da Coruña.
Velaquí o evento no facebook.
A Fundación Via Galego apoia o concerto Terra da Fraternidade
O 10 de maio no Auditorio de Galiza de Santiago, para festexar o 40 aniversario da representación en público da "Grândola" de Zeca Afonso.
A Mesa escolleu nova dirección e acordou as liñas de actividade para os próximos meses
Nova composición da Permanente da Mesa: Carlos Callón (presidente), Susana Méndez (vicepresidenta 1ª), Carlos Outeiro (vicepresidente 2º), Iria Taibo (secretaria xeral) e Paulo Filgueiras (coordinador de Zonas e Comunicación).
Aprobouse unha resolución de apoio a todos os medios de comunicación en galego, en particular aos que están devolvendo a esperanza nos últimos tempos coa súa chegada (Dioivo, Praza Pública e Sermos Galiza). Alentouse tamén a conseguir subscricións para Sermos Galiza, de forma que a lingua galega poida regresar aos quioscos o vindeiro 17 de maio.
Presentación en Malpica de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
O 14 de maio no Centro Cívico, co apoio da asociación Caldeirón.
Podes consultar aquí o evento en facebook.
A Mesa explica na Universidade de Padua a situación do noso idioma
O presidente da asociación foi convidado a ministrar unha conferencia na universidade desta cidade italiana o vindeiro 8 de maio.