As Pontes

Actualidade / Últimas noticias

13/02/2012

AS PONTES:- Convocada a 5ª edición do certame "As Boliqueiras"

A novidade deste ano é que se poderán presentar traballos en formatos audiovisuais

O tema dos traballos será a figura e a obra de Álvaro Cunqueiro

O prazo máximo para a entrega dos traballos finalizará o 16 de abril. Os premios entregaranse no transcurso dun acto que se celebrará o día 27 de abril.

 

As Pontes

 

Na Mesa das Pontes celebramos xuntanzas cada 15 días para falarmos dos temas que nos ocupan e preocupan en cada momento. Tamén mantemos un contacto regular mediante correo electrónico: a forma máis sinxela e rápida para estarmos todos/as ben informados 24 horas ao día!

 

Ademais das actividades que realizamos cada ano (a homenaxe a Castelao no aniversario da súa morte e o certame temático “As Boliqueiras”), levamos a cabo diferentes accións ben por suxestión dos/as integrantes, ben por solicitude dun particular/grupo que pide apoio.

 

Algúns puntos nos que estamos a traballar ou nos que traballamos ultimamente son:

 

 

-Seguimento permanente das accións do Concello para garantir que se cumpra a Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística (isto inclúe o envío de cartas cada vez que hai algunha incidencia, o diálogo directo co Concello e a presenza da Mesa nas xuntanzas da Comisión de Seguimento da propia Ordenanza).

-Entrega de etiquetas en galego con lemas do tipo “Parabéns”, “Un bico forte”, etc. aos comercios ponteses para o seu uso nos paquetes de agasallo.

-Creación, xunto co Concello e a Cámara de Comercio, do premio “O Tesouro” para es empresas da vila que fomenten o galego.

-Organización da concentración “Paremos os ataques contra o galego” xunto coa plataforma cidadá Queremos Galego con música e lecturas de artistas ponteses seleccionadas para a ocasión.

-Envío de cartas a empresas como Endesa e Gamesa solicitando o emprego do galego na facturación e correspondencia e cos clientes no primeiro caso, e a xeración de documentación de empresa (manuais, nóminas, etc.) na nosa lingua no segundo caso.

-Envío de cartas á Parroquia das Pontes pola diminución de uso do galego nos servizos relixiosos.

-Xuntanzas preliminares co grupo folk Muxarega para:

- Inclusión dunha clase-concerto nos programas do curso 2011-2012 dos centros de ensino ponteses e a súa posible “exportación” a outras zonas.

- Realización dun obradoiro de panxoliñas en galego para meniños/as durante as vacacións do Nadal.

 

Algúns dos nosos actos

 

Homenaxe a Castelaoimaxe do certame As Boliqueiras

Imaxes da homenaxe a Castelao e do certame As Boliqueiras