O Carballiño-O Ribeiro

Actualidade / Últimas noticias

03/10/2014

Continúa a cruzada contra o galego do alcalde do Carballiño. En galego nin se atende nin se paga

 

Os impresos do Servizo de Xestión Tributaria do concello exclúen o galego, e só están dispoñíbeis en español e en inglés

 

A Mesa xa denunciara hai uns meses que a empresa concesionaria do Servizo de Xestión Tributaria se negaba a atender á cidadanía que fala galego

 

Marcos Maceira: “O alcalde Marnotes debería velar polos intereses e dereitos da veciñanza, entre os que están os lingüísticos, e non polos intereses desta empresa, que só pensa en cobrar desprezando os veciños”

 

 


05/01/2014

A Mesa rexeita a pretensión de Marnotes de incluír "pulpo" no dicionario galego

 

Eladino Cabanelas: "ampararse en que sempre se lle chamou 'pulpo' é tanto como dar oficialidade ao castrapo"


25/11/2013

Presentación no Carballiño do libro “Retallos daquela infancia”

 

Terá lugar o 5 de decembro, quinta feira, ás 20.30 h no Casino do Carballiño

 

 


08/10/2013

Presentación do documentario "A fazaña da liberdade"

 

A Mesa pola Normalización Lingüística do Carballiño / Ribeiro en colaboración con FILMIKA GALAIKA e o Casino carballiñés presentarán o documentario A FAZAÑA DA LIBERDADE

Será na vindeira quinta feira, 17 de outubro ás 21:00 horas nas instalacións do Casino.

 


14/06/2013

A Mesa do Carballiño denuncia a exclusión do galego na nova sinaléctica da rúa Antonio Palacios


A Mesa pola Normalización Lingüística do Carballiño / Ribeiro vén de presentar un escrito no Rexistro do Concello do Carballiño para denunciar que a nova sinaléctica instalada polo consistorio incumpre a Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística.



10/01/2013

12/07/2012

Presentación de Outramente, de Pilar García Negro, no Carballiño

A sexta feira (venres) 27 de xullo ás 20.30 horas no Casino Carballiño

 


24/04/2012

Asemblea da Mesa no Carballiño este 26 de abril

 

Ás 19.30 no Casino (Rúa Tomás María Mosquera, 6)

 

 

A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Zona O CARBALLIÑO / RIBEIRO

 

Responsábel de zona: Eladino Cabanelas Fernández

Contacto:

Email - amesaorcellon.verbasgalegas@gmail.com

Teléfono – 600876196

Abrangue as comarcas do Carballiño e do Ribeiro.

A comarca do Ribeiro inclúe os seguintes concellos: A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia.


A comarca do Carballiño inclúe os seguintes concellos: San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Colabora / Contribue

banner de ejemplobanner de exemplr 2