Podemos gabarnos de que nos anos noventa A Mesa desenvolveu en Ourense unha intensa campaña polo recoñecemento legal do topónimo: "OUrense, por dignidade".
Na actualidade temos reunións periódicas nas que marcamos os obxectivos que debemos cumprir cada ano que comeza a prol da normalización da nosa lingua. Así, por exemplo, solicitámoslle ao Concello de Ourense a normalización do rueiro da cidade, do que obtivemos resposta positiva. Esta tarefa estase a desenvolver en varias fases, segundo a dispoñibilidade orzamentaria. Participamos da vida sociocultural da nosa zona polo que, todos os anos, temos presenza na festa dos Maios coa confección dun maio e das coplas; organizamos comparsas para participar no Entroido e, xunto con outras asociacións da cidade, organizamos o I Magosto na Rúa, con participación activa e aberta a todas as idades.
Enderezo electrónico: amesa.zonaourense@gmail.com