Vigo

A Mesa en Vigo

Noticias

Buscador de noticias
DateDate
Axuda da Busca

- Os termos de busca poden introducirse en maiúsculas, minúsculas, con til, diérese, etc. ou sen eles.
- Para efectuar unha busca pode facelo de tres maneiras:

  • Por texto a buscar en todolos artigos publicados.
  • Por Título do artigo
  • Por data de publicación
  • Por categoría da noticia

Pode selecionar un, todos ou varios campos de busca para axustar a busca.

Noticias > Zonas > Vigo | 17/04/2012

Amplo respaldo da cidadanía de Redondela á moza que viu vulnerado o seu dereito ao uso do galego nas probas de selección para as bolsas de Turismo do concello

 

Máis dun centenar de veciñas e veciños acudiron ao chamado da Mesa e concentráronse ás 12 perante a Casa do Concello en apoio a Natalia Soliño Figueroa

 

Finalmente, o Padroado de Turismo das Rías Baixas, integrante do tribunal, non chegou a comparecer na vista de dilixencias informativas prevista para o mediodía

 

"Si lo haces en gallego no te lo corregimos", fora a advertencia dun dos membros do tribunal do proceso selectivo á redondelá denunciante deste gravísimo caso de discriminación lingüística no acceso a un posto de traballo

 


Noticias > Zonas > Vigo | 11/04/2012

"Si haces la prueba en gallego no te la corregimos"

 

Eis a advertencia do tribunal do proceso de selección de bolsas para o departamento de Turismo do Concello de Redondela a unha aspirante que se dispuña a facer o exame no idioma propio de Galiza

 

A afectada, que puxo o seu caso en coñecemento da Mesa a través da Liña do Galego, xa presentou un escrito de reclamación no rexistro municipal redondelán

 

A Mesa considera o caso un "moi grave exemplo" de vulneración de dereitos lingüísticos no acceso a un posto de traballo e exixe ao consistorio que "rectifique" e á Xunta que "tome cartas no asunto"


Noticias > Zonas > Vigo | 24/01/2012

O Hospital de Fátima de Vigo rectifica e facilitará o consentimento informado ao doente que solicitara asinar este documento en galego

A Mesa parebenízase polo froito da presión cidadá e pola firmeza e compromiso do cidadán afectado, que non renunciou aos seus dereitos lingüísticos


Noticias > Zonas > Vigo | 20/01/2012

SANIDADE.- Grave caso de discriminación lingüística nun centro hospitalario de Vigo

O Hospital Nosa Señora de Fátima ameazou presuntamente con non operar un doente se este non asinaba un documento en castelán que previamente solicitara en galego

A Mesa considera este caso “inadmisíbel” e pide responsabilidades directas ao SERGAS, que mantén un concerto co centro privado vigués para derivar doentes da rede pública