Dna. Maria González Albert, en nome e
representación do Grupo Municipal do
BNG no Concello de Ourense, apresenta a seguinte
MOCIÓN ao Pleno da Excma.
Corporación Municipal para o seu debate
e posterior aprobación:
Exposición de motivos:
O proxecto do actual Festival Internacional
de Cinema Independente xenerou-se con un carácter
persoal, o que provocou que non fora debatido
no seu momento nen no modelo nen nos termos
necesários para a sua posta en funcionamento.
Este nacimento en falso fixo que o Festival
non se puidera converter, en nengun momento,
nun proxecto asentado nen na sua xestión,
nen na sua dirección, nen na sua identidade.
Asi, mudou a forma da sua dirección,
que aos poucos anos do seu início pasou
a converter-se nun Padroado. Houbo ao tempo
contínuos cámbios de xeréncia,
chegando a haber até 5 persoas distintas
ao frente do Certame cando se cumple a oitava
edición do mesmo.
A dia de hoxe, o Festival de Cinema de Ourense
non ten modelo próprio nen identidade,
o que o leva a ter escasa (ou nula) repercusión
fora da cidade; nen en Galiza, nen no resto
do Estado, nen internacionalmente.
- Por ese motivo o BNG propón unha
alternativa para mudar a concepción
actual do Festival, convertindo-o no Festival
Galego do Cinema, cunha aposta nacional
por Ourense como foro do Audiovisual e un
claro apoio da Xunta de Galiza.
- Este cámbio na própria concepción
do Festival teria de levá-lo a unha
especialización que
o singularice, polo que propomos que este
festival funcione como unha ponte cultural,
unha porta de entrada ao cinema de língua
galego-portuguesa no noso país.
- Ao tempo, consideramos fundamental dotar
de estabilidade ao seu aparello
administrativo e técnico. O Festival
será a parte fundamental do Cinema-Concello,
un proxecto moito mais amplo que se ubicaria
na actual Biblioteca Provincial, pasando a
ser esta a sede do Festival, a principal sala
de proxección do mesmo, a videoteca
e cinemateca municipal e veículo de
conexión entre o Cine-Clube e o Festival.
- Por todo o anteriormente exposto solicitamos
do Pleno da Corporación municipal a
adopción do seguinte
ACORDO
- Que o Concello de Ourense solicite da Xunta
de Galiza que o Festival Internacional de
Cinema Independente de Ourense se convirta
no Festival Galego do Cinema, facendo unha
decisiva aposta pola sua criación e
promoción.
- Que se inícien os contactos necesários
para que as instalacións que actualmente
ocupa a Biblioteca Provincial sexan destinadas
ao Cinema-Concello.
Ourense, 15 de Setembro de 2003
Asdo.- Maria González Albert
AO ILMO. SR. ALCALDE DO EXCMO.
CONCELLO DE OURENSE |