A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

Resposta ao deputado D. Francisco Rodríguez, sobre o respeito pola legalidade vixente nos Rexistos da Propriedade de Galiza.

MINISTÉRIO DA PRESIDÉNCIA

Aos efeitos do art. 190 do Regulamento do Congreso dos Deputados, traslada-se resposta do Governo a respeito do asunto de referéncia.

(184) PERGUNTA ESCRITA CONGRESO

AUTOR: Rodríguez Sánchez, Francisco (GMX)

ASUNTO: Respeito pola legalidade lingüística vixente nos Rexistos da Propriedade da Galiza.

RESPOSTA:

O marco constitucional sobre o uso e cooficialidade das línguas nas Comunidades Autónomas con língua própria, ademais do castelán, foi delimitado e interpretado pola xurisprudéncia do Tribunal Constitucional, e condensa-se nos seguintes termos:

- A doutrina sentada polo Tribunal Constitucional en relación co Rexisto Civil pode ser sintetizada do modo seguinte: Non é inconstitucional que os asentos se pratiquen unicamente en língua castelá, ainda que os interesados teñen direito a solicitar, nas respectivas Comunidades Autónomas, que a publicidade formal, isto é, certificacións e notas simples informativas, lles sexa emitida en caisquer das línguas oficiais da Comunidade respectiva. A aplicabilidade dos critérios resultantes de tal doutrina ao ámbito próprio dos Rexistos Mercantis, e por extensión aos de Propriedade, foi confirmada pola Sentenza do Tribunal Constitucional 87/97, de 24 de Abril de 1997, ao resolver o conflito positivo de competéncias promovido polo Consello Executivo da Generalitat de Catalunya a respeito do art. 36 nš 1 do Regulamento do Rexisto Mercantil.

Esta sentenza desestimou o citado conflito positivo de competéncias afirmando que o inciso “en língua castelá” contido no artigo 36 nš 1 do Regulamento do Rexisto Mercantil, non é contrário á orde constitucional e estaturária de distribuizón de competéncias. Asi, a Sentenza afirma que o ente titular dunha competéncia posue tamén a titularidade para regular o uso da língua nese ámbito material, e iso non só nos aspeitos organizativos e de funcionamento interno, senón tamén nas relacións da Administración correspondente cos cidadáns, o que xustificaria que a regulación do emprego da língua no ámbito dos Rexistos Públicos dependentes do Estado corresponda en exclusiva a este último, afirma, porén, o próprio Tribunal Constitucional que o anterior non ha de determinar que as Comunidades Autónomas con língua oficial própria diferente do castelán fiquen totalmente á marxe desta regulación, pois a elas corresponde fixar o rexime de cooficialidade das línguas mediante o estabelecimento do denominado “conteúdo inerente ao conceito de cooficialidade”, e, portanto, as consecuéncias que deriven do carácter oficial dunha língua deben ser respeitadas como un “prius” polos entes competentes ao precisar nos seus respectivos ámbitos materiais o emprego das línguas.

- Agora ben, que se entende polo conteúdo inerente á cooficialidade? O Tribunal Constitucional sempre considerou como tal, entre outras cuestións, o estabelecimento dos direitos e deberes lingüísticos dos cidadáns frente a todas as Administracións Públicas –por exemplo, o direito a se poder dirixir a elas en calquer das línguas oficiais na Comunidade- e a proclamación da plenitude e igualdade de efeitos xurídicos dos documentos redixidos en calquer desas línguas (Sentenzas do Tribunal Constitucional 123/1988 e 56/1990).

Concretizando máis o conceito en relación coa Comunidade Autónoma de Cataluña, o Tribunal Constitucional declara que os requisitos xerais relativos á cooficialidade e normalización das línguas, que ha de respeitar o Estado ao regular os usos lingüísticos nos Rexistos Mercantis territoriais radicados en tal Comunidade Autónoma, derivan-se do texto da própria Lei do Parlamento de Cataluña 7/1983 (imediatamente anterior á vigorante 1/1998, de 7 de Xaneiro), ao estabelecer no seu artigo 2.2 que “As manifestacións de pensamento ou vontade e os actos orais ou escritos, públicos ou privados, non poden dar lugar en Cataluña a nengun tipo de discriminación se se expresaren total ou parcialmente en língua catalá e producen todos os efeitos xurídicos igual que se se expresarán en língua castelá e, por conseguinte, non poden ser obxecto de nengun tipo de dificuldade, retraso, requerimento de tradución nen de nengunha outra exixéncia”, e no artigo 8.2 e 3, referido en xeral á Administración Xeral do Estado, ao prever que “debe expedir os documentos ou testemuños contidos nos expedientes por ela tramitados no idioma oficial requerido polos cidadáns que o soliciten.”

De tal regulación deduce o Tribunal Constitucional os seguintes requisitos derivados da cooficialidade da respectiva língua autonómica que han de ser respeitados polo Estado na sua regulación dos Rexistos Públicos:

a) que os documentos redixidos en dita língua deben ter, a efeitos rexistrais mercantis, a mesma eficácia e validez que os redixidos en castelán;

b) que os documentos expresos en língua autonómica própria non se poden ver submetidos a nengun tipo de dificuldade ou retraso, e

c) que as certificacións e demais comunicacións relativas aos asentos se deben estender na língua oficial do solicitante.

Parece evidente que na situación normativa actual non existe nengun impedimento para dar cumprida satisfacción aos tres requisitos examinados, prática rexistral actual, polo que -Sen prexuízo do anterior, e salvando a constitucionalidade do réxime legal vixente, como ficou acreditado, iso non impede unha regulación que recolla de maneira máis ampla as línguas cooficiais, como fixo a Proposición de Lei do Parlamento de Cataluña, de reforma da Lei do Rexisto Civil, que foi tomada en consideración polo Congreso dos Deputados o dia 1 de Abril de 2003, e que actualmente se encontra en fase de emendas.

Madrid, 14 de Xullo de 2003.

O Secretário de Estado de Relacións coas Cortes

*Tradución feita pola Mesa pola Normalización Lingüística.

Arriba

 

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate