A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

Pergunta do deputado D. Francisco Rodríguez Sánchez sobre declaracións do director do Instituto Cervantes sobre o ensino e valorización das línguas galega, catalá e basca

Á MESA DO CONGRESO DOS DIPUTADOS

Francisco Rodríguez Sánchez, deputado do GRUPO PARLAMENTAR MIXTO (BNG), ao abeiro do disposto no artigo 185 do Regulamento da Cámara, apresenta a seguinte pergunta para a que solicita resposta por ESCRITO, relativa a declaracións do director do Instituto Cervantes sobre o ensino e valorización das línguas galega, catalá e basca.

O dia 18 de Agosto, o Director do Instituto Cervantes, sr. Jon Juaristi, fixo unhas declaracións nas que informaba que diminuira a demanda de ensino do galego, asi como a do catalán e basco, nos centros dependentes deste organismo oficial. Asi mesmo consideraba que a demanda de ensino do catalán e do basco era máis “selectiva” que a do galego, e que o catalán era máis unha língua de “vinculación” que comercial. Neste senso, negaba toda posibilidade ao galego e ao basco como línguas de validez para o comércio. É claro, para o Sr. Jauristi, nengunha delas é unha língua de relación internacional, ainda que no caso catalán exista interese en converté-la nunha língua de relación con Cataluña. Con certeza, deixou claro que o grande obxectivo do Instituto Cervantes era converter o español na segunda língua dos Estados Unidos.

Que centros dependentes do Instituto Cervantes imparten ensino de galego, catalán e basco, e cal foi a evolución do número de alunos, en 2000, 2002 e 2003?

A que se atribui a suposta menor demanda do ensino destas línguas?
Que quer diccr que a demanda de ensino do catalán e basco é máis “selectiva” que a do galego?

Como se argumenta que o galego e o basco no son línguas de validez comercial?

Existe, para o director do Instituto Cervantes, una oficialidade real dunha língua se non se usa para as relacións comerciais?

Non cre que a mellor posición do catalán a respeito do galego, como língua de uso comercial, se debe a que realmente a Generalitat realizou esforzos para que asi fose, e a Xunta de Galiza non, entre outros factores?

Non é exixíbel un maior rigor a un cargo directivo do Instituto Cervantes á hora de valorar a función, usos e validez das línguas que non son o castelán?

Que obxectivos se marca o Instituto Cervantes en relación co ensino da língua galega, catalá e basca, e a difusión destas culturas?

20 de Agosto de 2003
Francisco Rodríguez Sánchez
Deputado pola Coruña (BNG)

Arriba

 

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate