A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

Á MESA DO CONGRESO DOS DEPUTADOS

Francisco Rodríguez Sánchez, Deputado do GRUPO PARLAMENTAR MIXTO(BNG), ao abeiro do disposto no art. 185 do Regulamento da Cámara, apresenta a seguinte pergunta para a que solicita resposta por ESCRITO, relativa a critérios usados por AENA para a utilización de línguas cooficiais co castelán nos seus aeroportos de Galiza, Euskadi e Cataluña.

Con bon acerto e consecuente respeito á cooficialidade do catalán en Cataluña, AENA decidiu usar tamén este idioma, xunto co castelán e o inglés, nos paineis e monitores do Aeroporto de Barcelona que informan sobre as saídas e chegadas de avións. No caso dos Aeroportos galegos, Lavacolla, A Coruña e Vigo, AENA non fai uso do galego, tamén cooficial en Galiza, senón só do castelán e do inglés. Seria unha boa medida, á parte dun sintoma de respeito pola cooficilidade de línguas, que AENA actuase nos aeroportos de Galiza co mesmo critério con que actua en Cataluña.

Pensa AENA imitar o seu comportamento lingüístico en Cataluña, de respeito pola oficialidade do catalán nos paineis e monitores do Aeroporto de Barcelona, facendo uso da língua galega no caso dos aeroportos de Galiza nestas mesmas funcións?

Como explica AENA que nos letreiros indicativos dos seus aeroportos en Cataluña, Euskadi e Galiza non se teña unha mesma posición a respeito das línguas cooficiais, e a que só no caso de Galiza as indicacións en galego teñen unha dimensión menor e a escala inferior que as indicaciones en castelán?

Realizou a Xunta de Galiza algunha petición en favor do uso extensivo da língua galega nos aeroportos de AENA en Galiza, de forma que realmente se poda falar de cooficilidade de idiomas?

Realizou xestións a Generalitat en favor do uso extensivo do catalán, como o acima asinalado, e o Governo basco en favor do euskera, na mesma dirección?

Que critérios emprega AENA para dar concreción aos usos do galego, catalán e basco, conforme ao princípio de cooficilidade, nos aeroportos de cada unha destas tres comunidades autónomas?

1 de Outubro de 2003
 

Francisco Rodríguez Sánchez
Deputado pola Coruña (BNG)

*Tradución para o galego feita pola Mesa pola Normalización Lingüística.

RESPOSTA

PDF (129 Kb)

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate