A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

Á MESA DO CONGRESO DOS DEPUTADOS

Francisco Rodríguez Sánchez, Deputado do GRUPO PARLAMENTAR MIXTO (BNG), ao abeiro do disposto no artigo 185 do Regulamento da Cámara, apresenta a seguinte pergunta para a que solicita resposta por ESCRITO, relativa ao uso da toponímia legal por parte da Axéncia Tributária en Galiza.

É fundamental que todos os organismos do Estado respeiten a legalidade vixente en matéria de nomes de lugares. No caso da Galiza, a legalidade dimana dunha competéncia exclusiva da Comunidade Autónoma, plasmada no artigo 10 da Lei 3/1983, do 15 de Xuño, de normalización lingüística, segundo o cal “os topónimos da Galiza terán como única forma oficial a galega”. Precisamente, para lle mudar o nome ás províncias de Ourense e A Coruña, de xeito que estivesen en concordáncia co das suas capitais, foi necesária a Lei estatal 2/1998, do 3 de Marzo, xa que a designación destas circunscricións corresponde ao Estado.

A Axéncia Española de Administración Tributária en Galiza foi asumindo pouco e pouco a mudanza de denominacións, mais fican ainda flecos evidentes en actuacións e documentación residual. Por exemplo, nos documentos que se emiten através das entidades bancárias, acreditativos do pagamento do IRPF, figura: “organismo: 15037-DELEGACION A.E.A.T. EL FERROL (sic) (A CORUÑA)”, conforme aos dados que proporciona a própria Axéncia. Pois ben, o nome orixinário, legal, oficial, da cidade é Ferrol, sen “El”, unha partícula que lle foi imposta a fins do século XIX e que chegou a alcanzar certa oficialidade no primeiro terzo do século XX e a se xeralizar nos documentos públicos durante o franquismo por un afán españolizador asimilista.

Ten seguranza a Axéncia Tributária de que as suas delegacións na Galiza usan a toponímia correcta, orixinária e legal sempre?

Concretizadamente, no caso de Ferrol, é consciente de que designa a sua delegación como “15037-DELEGACION A.E.A.T. EL FERROL (A CORUÑA)”, cando menos nos cargos bancários por domiciliación de impostos?

Pensa a Axéncia realizar unha inspección para que toda a sua documentación e actuacións na Galiza se ateñan á normativa oficial en matéria de nomes de lugares?

26 de Novembro de 2003
 

Francisco Rodríguez Sánchez
Deputado pola Coruña (BNG)

*Tradución para o galego feita pola Mesa pola Normalización Lingüística.

 

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate