A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

Á MESA DO CONGRESO DOS DEPUTADOS

Francisco Rodríguez Sánchez, Deputado do GRUPO PARLAMENTAR MIXTO (BNG), ao abeiro do disposto no artigo 185 do Regulamento da Cámara, apresenta a seguinte pergunta para a que solicita resposta por ESCRITO, relativa á corrección de toponímia oficial na A-6.

Como é de obrigado cumprimento, a rotulaxe oficial da A-6 debe corresponder ao que determina o artigo 10 da Lei 3/1983, de Normalización Lingüística. Desde a aprobación da Lei do Estado 3/1998, que oficializa “A Coruña” e tamén “Ourense” como nomes das províncias respectivas, procedeu-se á corrección de ambas as rotulaxes en moitos lugares da cidade de Madrid e da A-6. Mais non en todos. O Parlamento da Galiza aprobou recentemente unha proposición non de lei na cal se insta á Xunta para que faga as oportunas xestións de xeito que se logre a definitiva rotulaxe, conforme á Lei 3/1998, das formas “A Coruña” e “Ourense” en todo o percurso da A-6.

É consciente o Ministério de Fomento de que en grande parte da A-6 a rotulaxe oficial non respeita a legalidade vigorante en matéria de toponímia e utiliza as formas “La Coruña” e “Orense”?

Pensa rectificar este uso non oficial e, ademais, contraditório, xa que, nuns casos, se recorre ás formas oficiais e correctas, e noutros ás non oficiais e incorrectas?

Ten constáncia da proposición non de lei do Parlamento da Galiza instando ao Governo a rectificar esta anomalia e coerentemente colocar as rotulaxes oficiais, coas formas “A Coruña” e “Ourense” en todo o percurso da A-6?

11 de Decembro de 2003
 

Francisco Rodríguez Sánchez
Deputado pola Coruña (BNG)

*Tradución para o galego feita pola Mesa pola Normalización Lingüística.

RESPOSTA

PDF (43 Kb)

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate