A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

Á MESA DO CONGRESO DOS DEPUTADOS

Francisco Rodríguez Sánchez, Deputado do GRUPO PARLAMENTAR MIXTO (BNG), ao abeiro do disposto no artigo 185 do Regulamento da Cámara, apresenta a seguinte pergunta para a cal solicita resposta por ESCRITO, relativa ao espazo promocional MUSICALDIA en TVE.

Existe en TVE un espazo promocional de música, denominado MUSICALDIA, unha sección que apresenta grupos musicais, discos e novidades. Un programa similar existe en Tele Cinco, Nosolomúsica. Curiosamente o espazo promocional, avalado por TVE na cabeceira final, non aparece como programa no plano de programación. Os discos e vídeos que se emiten son menos plurais e diversos que os que se emiten gratuitamente en Tele 5, Canal Plus, Sol Música, Localia…Segundo parece, é un programa que ten un contrato en exclusiva cunha casa discográfica concreta, no cal, a pesar diso, se utiliza o logo de TVE. O resultado é que as majors controlan este espazo. Con certeza, é imposíbel a promoción de discos en lingua galega, catalá ou basca e, é claro, de todos os editados por pequenas empresas.

Desde cando funciona o programa MUSICALDIA?

Por que non figura na Programación?

Que casa discográfica ten o contrato en exclusiva deste programa promocional?

Cando acaba este contrato?

Que discográficas e que artistas son os máis promocionados?

Corresponde á variedad artística e cultural existente no Estado español?

Canto custa cada semana este espazo promocional?

É un contrato mercantil publicitário?

Se for así, como é que aparece o logo de TVE?

Como pode facer unha televisión pública un contrato excluinte, exclusivo cunha determinada discográfica?

Como é posíbel que sexan máis abertos e plurais os programas promocionais de cadeas que non son públicas, e que neles non apareza o logo da cadea senón o do patrocinador, sen contrato en exclusiva con nengunha discográfica?

Non habería que rectificar este xeito de actuar tan improcedente nunha cadea pública que pagamos todos?

11 de Decembro de 2003
 

Francisco Rodríguez Sánchez
Deputado pola Coruña (BNG)

*Tradución para o galego feita pola Mesa pola Normalización Lingüística.

 

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate