A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

Á MESA DO CONGRESO DOS DEPUTADOS

Francisco Rodríguez Sánchez, Deputado do GRUPO PARLAMENTAR MIXTO (BNG), ao abeiro do disposto no artigo 185 do Regulamento da Cámara, apresenta a seguinte pergunta para a cal solicita resposta por ESCRITO, relativa á aplicación do artigo sexto do R. D. 1466/99.

O Real Decreto 1466/99, polo cal se estabelecen criterios de imaxe institucional e se regula a produción documental e o material impreso da Administración Xeral do Estado, indica no seu artigo sexto que as sinalizacións exteriores de identificación das dependencias administrativas, así como o contido máis relevante dos carteis de carácter informativo ou publicitario que se elaboren para ser ubicuados no ámbito territorial dunha comunidade autónoma con lingua propria cooficial, redixiranse en castelán e na lingua cooficial correspondente.

Cuatro años después de promulgada esta norma, podemos comprobar que en Galiza continúa a estar sen aplicar. Quizá o maior e mellor exemplo do antedito sexa a sede da Delegación do Goberno na Galiza, na Coruña, cuxo indicador exterior aparece unicamente na súa versión castelá.

Que medidas se van tomar desde a Administración competente para que na Galiza o galego sexa utilizado, tal e como asinalan as leis, como idioma cooficial?

Cal é o balanzo que fai o Goberno da aplicación na Galiza do artigo sexto do citado Real Decreto 1466/99?

Até cando vai incumprir a Delegación do Goberno na Galiza, de forma tan ostentosa, co articulado por esta norma?

18 de Decembro de 2003
 

Francisco Rodríguez Sánchez
Deputado pola Coruña (BNG)

*Tradución para o galego feita pola Mesa pola Normalización Lingüística.

RESPOSTA

PDF (44 Kb)

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate