A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

Á MESA DO CONGRESO DOS DEPUTADOS

Francisco Rodríguez Sánchez, Deputado do GRUPO PARLAMENTAR MIXTO (BNG), ao abeiro do disposto no artigo 185 do Regulamento da Cámara, apresenta a seguinte pergunta para a cal solicita resposta por ESCRITO, relativa ao uso de toponimia deturpada na páxina web da Dirección Xeral de Tráfico.

A lexislación vixente indica que os topónimos galegos teñen como única forma oficial a orixinaria, a galega. Isto é así desde hai xa vinte anos, mais actualmente pódese comprobar como en moitos lugares a Administración continúa a facer uso de topónimos deturpados e ilegais. E, o que é máis grave, esta utilización persiste despois de que teña sido advertida.

Este é o caso da páxina web da Dirección Xeral de Tráfico, que a día de hoxe continúa a falar, na súa sección sobre o “Estado de las carreteras”, de lugares como “Las Nogales” (por As Nogais), “Villalba” (por Vilalba), ou “La Mezquita” (por A Mezquita). É, aliás, especialmente grave que tales deformacións nos nomes de lugar da Galiza continúen a ser utilizados nun organismo, a Dirección Xeral de Tráfico, que traballa tan asiduamente cos topónimos.

Cando vai asumir, por fin, a DXT a legalidad vixente en materia dos topónimos da Galiza?

Como é posíbel que na páxina web da DXT se continúen a incumprir leis taxativas referidas a toponimia, mesmo un ano e medio despois de que houbese advertencias de tal uso por parte de colectivos como A Mesa pola Normalización Lingüística, e este deputado que subscrebe, entre outros?

Vaise consolidar, dunha vez por todas, un uso legal e correcto dos topónimos da Galiza na páxina web da DXT que fala do estado das estradas na Galiza?

18 de Decembro de 2003
 

Francisco Rodríguez Sánchez
Deputado pola Coruña (BNG)

*Tradución para o galego feita pola Mesa pola Normalización Lingüística.

 

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate