A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

Á MESA DO CONGRESO DOS DEPUTADOS

Francisco Rodríguez Sánchez, Deputado do GRUPO PARLAMENTAR MIXTO (BNG), ao abeiro do disposto no artigo 185 do Regulamento da Cámara, apresenta a seguinte pergunta para a cal solicita resposta por ESCRITO, relativa ao uso do galego nos impresos de Correos.

Segundo informan varios medios de comunicación, o presidente da sociedade estatal Correos e Telégrafos comunicou ao Síndic de Greuges de Cataluña, con data 2 de Dicembro, a vontade da empresa de pór á disposición de todos os cidadáns de Cataluña os impresos bilingües en catalán e castelán.

Con esa medida, ponse remedio a unha situación de exclusión da lingua propria, que na Galiza tamén sofremos. Podemos constatar que actualmente o idioma galego continúa ausente de moitos documentos de Correos e Telégrafos, como a lista de tarifas, o formulario de queixas e, en xeral, impresos de diverso tipo.

Vai corrixir Correos e Telégrafos a exclusión que practica co idioma galego en varios impresos, folletos e rótulos?

18 de Decembro de 2003
 

Francisco Rodríguez Sánchez
Deputado pola Coruña (BNG)

*Tradución para o galego feita pola Mesa pola Normalización Lingüística.

 

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate