MINISTÉRIO
DE XUSTIZA
REAL DECRETO
193/2000, de
11 de febreiro, de modificación de determinados
artigos do Regulamento do Rexistro Civil en
matéria relativa ao nome e apelidos e
á orde dos mesmos
(B.O.E. nš 49 do sábado, 26 de febreiro
de 2000)
A Lei 407/1999, de 5 de novembro,
deu nova redacción aos artigos 109 do
Código Civil e 54 e 55 da Lei do Rexistro
Civil en matéria relativa ao nome e apelidos
e á orde destes. A disposición
final da mesma Lei encomenda-lle ao Governo
a modificación, nun prazo de tres meses,
do Regulamento do Rexistro Civil no que sexa
preciso para adecuá-lo ao previsto na
citada Lei.
A finalidade do presente Real Decreto é
esencialmente a do cumprimento estricto deste
mandato legal.
Na sua virtude, a proposta da
Ministra de Xustiza, de acordo co Consello de
Estado e prévia deliberación do
Consello de Ministros na sua xuntanza do dia
11 de febreiro de 2000.
DISPOÑO:
Ártigo
único
Os artigos do Regulamento do
Rexistro Civil, aprobado por Decreto de 14 de
novembro de 1958, que se relacionan a continuación,
terán a seguinte redacción:
Artigo
192
Non se poderán impor
máis de dous nomes simples ou (de) un
composto. No caso de que se impoñan dous
nomes simples, estes haberán de unir-se
por un trazo e ambos escreberán-se con
maiúscula inicial.
Considera-se que prexudican
obxectivamente á persoa os nomes próprios
que, por eles mesmos ou en combinación
cos apelidos, resultan contrários ao
decoro.
A substitución do nome
próprio polo seu equivalente onomástico
en calquer língua do território
español requirirá, se non fose
notório, que se acredite polos médios
oportunos esta equivaléncia e a grafia
correcta do nome solicitado».
Artigo
194
Se a filiación está
determinada por ambas as liñas e a salvo
a opción prevista no artigo 109 do Código
Civil, primeiro apelido dun español ou
española é o primeiro do pai e
segundo apelido o primeiro dos persoais da nai
ainda que sexa estranxeira».
Artigo
198
A inversión dos apelidos
dos maiores de idade poderá formalizar-se
mediante simples declaración ante o encargado
do Rexistro Civil do domicílio e non
terá efeito mentres non se inscreba.
O mesmo réxime rexe para
a regularización ortográfica dos
apelidos para adecuá-los á gramática
e á fonética da língua
española correspondente. No caso de non
ser un feito notório, deberá acreditar-se
polos médios oportunos que o apelido
pertence a unha língua vernácula
e a sua grafia exacta neste idioma».
Disposición transitória
única.
Se no momento de entrar en vigor
a Lei 40/1999, de 5 de novembro , os pais tivesen
fillas e fillos menores de idade dun mesmo vínculo
poderán, de común acordo, decidir
a anteposición do apelido da nai para
todas as irmás e irmáns. Se tales
fillas e fillos menores de idade xa cumpriran
os doce anos, a alteración da orde dos
seus apelidos requiriria da sua audiéncia
e aprobación en expediente rexistral
da competéncia do Ministério de
Xustiza.
Disposición
derradeira única
O presente Real Decreto entrará
en vigor o día seguinte ao da sua publicación
no «Boletín Oficial do Estado».
Dado en Madrid
a 11 de febreiro de 2000.
JUAN CARLOS R.
A Ministra de
Xustiza,
MARGARITA MARISCAL DE GANTE E MIRÓN
|