A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

DECRETO 247/1995, do 14 de setembro, polo que se desenvolve a Lei 3/1983, de normalización lingüística, para a sua aplicación ao ensino en língua galega nas ensinanzas de réxime xeral impartidas nos diferentes níveis non universitários.

  1. A língua constitue unha das bases esenciais da identidade do pobo e o máis forte vencello de unión entre as suas xentes. A língua própria, de Galiza é o galego (Art. 5 do Estatuto de autonomía). Como un eido privilexiado da aprendizaxe da língua é o ensino, cómpre arbitrar mandatos que garantan esa aprendizaxe e axuden a unha implantación de hábitos lingüísticos a prol do idioma galego, idioma que, co castelán é oficial na Comunidade Autónoma, de acordo co estatuto (Art. 3 da Constitución).
  2. O Parlamento de Galiza, con data do 15 de xuño de 1983, aprobou a Lei 3/1983, de normalización lingüística. A devandita norma revela o afán de xeneralizar no seo da Comunidade galega o uso do galego como idioma próprio de Galiza, cooficial co castelán.

  3. O artigo 1 da lei citada estabelece o direito dos galegos a coñeceren e usaren a sua própria língua. O artigo 2 declara a cooficialidade, para a Comunidade Autónoma, do galego e do castelán. O título III estabelece os principios xerais do ensino en língua galega e determina (artigo 12) que o galego é tamén língua oficial no ensino en todos os níveis e que a Xunta de Galiza regulamentará a normalización do uso das línguas oficiais no ensino. Asi mesmo o artigo 13 asegura o direito de todos os nenos e nenas a recibiren o primeiro ensino na sua língua materna.

  4. Os decretos 426/1991, do 12 de decembro , 245/1992, do 30 de xullo, 78/1993, do 25 de febreiro, e 275/1994, do 29 de xullo, polos que se estabelen os currícula da educación infantil, primária, secundária obrigatória e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galiza, determinan como unha das finalidades de cada nível educativo a utilización, de xeito apropriado, das línguas oficiais no ensino.
  5. É necesário adoptar a normataiva da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, ao novo marco de aplicación da Lei 1/1900, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e seguir contribuindo a que sexan realidade os obxectivos fixados na citada Lei de normalización lingüística, salientando o que dispón o artigo 14.3º: as autoridades educativas da Comunidade Autónoma garantirán que ao remate dos ciclos en que o ensino do galego é obrigatório, os alumnos comezan este, nos seus níveis oral he escrito, en igualdade co castelán.

    Por todo o anterior, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitária, logo do dictame do Consello Escolar de Galiza e de deliberación do Consello da xunta de Galiza na sua sesión do catorce de setembro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
O galego língua oficial da Administración educativa en Galiza.

Artigo 1º

  1. A Administración educativa de Galicia e os centros de ensino dela utilizarán a língua galega e fomentarán o seu uso tanto nas suas relacións mutuas e internas como nas que manteñan coas administracións territoriais e locais galegas e coas demais entidades públicas e privadas de Galiza.
  2. Os documentos administrativos da Consellaria de Educación e Ordenación Universitária, das suas delegacións e dos centros de ensino dependentes dela faran-se en galego en galego, e neles constará o nome dos centro e o topónimo do municipio ou entidade de poboación na sua forma oficial.
  3. As actuacións adminstrativas de réxime interno dos centros docentes, tales como actas, comunicados e anuncios, redacaran-se en galego. Tamés se redactarán en galego as actuacións administrativas que se realicen a solicitude de persoa interesada, agás nos casos en que esta pida que se fagan en castelán.
  4. A documentación que teña que surtir efecto fóra da Comunidade Autónoma traducirá-se ao castelán, segundo se establece no artigo 36 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común.

Artigo 2º

  1. A Consellaría de Educación e Ordenación Universitária, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, é o departamento adminstrativo competente para organizar, coa colaboración –se é o caso- doutras institucións, especialmente da Escola Galega de Administración Pública, cursos de galego tanto para o persoal docente como non docente da Administración Pública, cursos de galego tanto para o persoal docente como non docente da Administración educativa, co fin de que acaden un grao de dominio da língua galega que facilite o exercicio do direito a usá-la, asi como para facer un uso correcto dela dentro do ámbito académico e ademais para lles garantir satisfactoriamente ese direito ás persoas que teñen relación coa Adminsitración educativa.

CAPÍTULO II
As línguas oficiais en Galiza con matéria de ensino e o ensino en língua galega.
               

Artigo 3º

  1. Nas ensinanzas de réxime xeral e de educación das persoas adultas, recollidas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, asignará-se globalmente o mesmo número de horas ao ensino da língua galega e da língua castelá.
  2. Nas clases de língua galega e literatura e língua castelá e literatura, usará-se respectivamente o galego e o castelán tanto por parte do profesorado como por parte do alumnado.

Artigo 4º

  1. Na etapa de educación infantil e no primeiro ciclo de educación primária os profesores e profesoras usarán na clase a língua materna predominante entre alunos e alunas, terán en conta a língua ambiental e coidarán que adquiran de forma oral e escrita o coñecimento da outra língua oficial de Galiza, dentro dos límites próprios da correspondente etapa ou ciclo.
  2. Atenderá-se de xeito individualizado a aqueles alunos e alunas do grupo que non teñan coñecimento suficiente da língua materna predominate, segundo se sinala no punto anterior.
  3. No segundo e no terceiro ciclos de educación primária impartiran-se en galego duas áreas de coñecimento, cando menos, sendo unha delas a área de coñecimento do médio natural, social e cutural.

Artigo 5º

  1. Na educación secundária obrigatória impartá-se en galego a área de ciencias sociais (xeografia e história) e a área de ciencias da natureza.
  2. Das matérias optativas impartirán-se en galego as de ciencias medioambientais e da saúde e, se é o caso, a optativa ofertada polo centro.

Artigo 6º

  1. No primeiro curso de bacharelato impartirá-se en língua galega como matéria común a filosofía e como matérias específicas de modalidade as seguintes: tecnoloxia industrial I (bacharelato de tecnoloxía); bioloxía e xeoloxía (bacharelato de ciencias da natureza e da saúde); história do mundo contemporáneo (bacharelato de humanidades e ciencias sociais); debuxo técnico (bacharelato de artes).
  2. No segundo curso de bacharelato o alundo recibirá o ensino en galego de história; como matéria común, e como matérias específicas de modalidade: debuxo técnico, tecnoloxia indutrial (bacharelato de tecnoloxía); ciencias da terra e medioambientais, debuxo técnico (bacharelato de ciencias da natureza e da saúde); xeografía, história da arte, história da filosofía (bacharelato de humanidades e ciencias sociais); história da arte (bacharelato de artes).
  3. Asi mesmo serán impartidas en galego as seguintes matérias optativas: ética e filosofia do direito, introducción ás ciencias políticas e socioloxia e história e xeografia de Galiza.
  4. Na formación profesional específica de grao médio e superior o alunado recibirá ensino en galego nas áreas do coñecimento teórico-práctico que faciliten a sua integración socio-laboral.

Artigo 7º

Segundo o disposto no artigo 13.3º da Lei de normalización lingüísticas, os alunos e as alunas non poderán ser separados en centros nin aulas diferentes por razón da língua.               

Artigo 8º

  1. Nas áreas ou matérias impartidas en língua galega debe-se procurar que alunos e as alunas a utilicen nas manifestacións oral e escrita.
  2. Os materiais que se empreguen nas áreas ou matérias ás que se refire o parágrafo anterior estarán escritos normalmente en galego, terán a calidade científica e pedagóxica adecuada e atenderán, sen prexuízo da sua proxección universal, ás peculiaridades de Galiza. Con este fin a Consellaría de Educación e Ordenación Universitária fomentará a elaboración e publicación dos materiais curriculares correspondentes.

Artigo 9º

Nas áreas ou matérias –distintas ás sinaladas nos artigos 4º,3º, 5º e 6º- empregará-sea língua que se teña estabelecida no proxecto educativo de centro aprobado polo claustro e o consello escolar. En todo caso, no proxecto educativo do centro coidará-se e respectará-se o equilíbrio entre as duas língua oficiais e nel constarán as oportunas medidas de apoio e reforzo para un correcto uso lingüístico escolar e educativo co fin de acadar o obxectivo xeral estabelecido na Lei de normalización lingüística (Art. 14.3º).

Artigo 10º

En todo caso, para facer efectivo o direito á educación, os profesores e profesoras adoptarán as medidas oportunas co fin de que os alunos e alunas que non teñan o suficiente domínio da língua galega poidan seguir con proveito as ensinanzas que nesta língua lles impartirán.

Terá-se en conta o estabelecido no Decreto 253/1990, do 18 de abril, sobre exención da matéria de língua galega no ensino básico e médio, asi como a orde que o desenvolve.

Artigo 11º

A inspección educativa velará polo cumprimento do estabelecido no presente decreto. Con tal fin os centros docentes públicos e privados que impartan ensinanzas de réxime xeral non universitários remitirán á inspección educativa os horários, áreas e matérias impartidas en língua galega, asi como a relación dos materiais curriculares empregados nestas matérias.

Disposicións transitórias

Primeira. En canto non se extingan as ensinanzas de 7º e 8º de educación xeral básica, bacharelato unificado e polivalente, curso de oreitnación universitária e formación profesional de primeiro e segundo grao, impartirán-se en galego as áreas ou matérias que se establecen no Decreto 135/1983, do 8 de setembro, polo que se desenvolve para o ensino, a Lei 3/1983 do 15 de xuño, de normalización lingüística.

Segunda. Cando por razóns de organización do persoal docente dos centros existan dificultades xustificadas no curso académico 1995-1996, para a aplicación inmediata do estabelecido nos artigos 4º.3, 5º e 6º do presente decreto, a Consellaria de Educación e Ordenación Universitária poderá conceder o prazo de ata un ano para facer efectivo o disposto nos citados artigos.

Disposición derrogatória

Única. Queda derrogado o Decreto 135/1983, do 8 de setembro, sobre aplicación da Lei 3/1983, do 15 de xuño de normalización lingüística; a Orde do 1 de marzo de 1988, pola que se desenvolve o Decreto 135/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, asi como cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto, sen prexuízo do estabelecido na disposición transitória deste mesmo decreto.

Disposicións derradéiras

Primeira. Faculta-se o conselleiro de Educación e Ordenación Universitária para dictar as disposicións necesárias para a execución e o desenvolvimento do estabelecido neste decreto.

Segunda. O presente decreto entrará en vigor o dia seguinte ao da sua publicación no Diário Oficial de Galiza.
Santiago de Compostela, catorce de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Irbarne
Presidente

José Piñeiro Permuy
                Conselleiro de Educación e Ordenación Universitária

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate