|
LEI 3/1983,
do 15 de xuño, de normalización
lingüística (D.O.G.: 14/7/83)
O proceso histórico centralista
acentuado no decorres dos séculos, tivo para
Galiza duas consecuéncias profundamente negativas:
anular a posibilidade de constituir institución
próprias e impedir o desenvolvemento da nosa
cultura xenuína cando a imprenta ía
promover o grande despegue das culturas modernas.
Sometido a esta despersonalización política
e a esta marxinación cultural, o pobo galego
padeceu unha progresiva depauperización interna
que xa no século XVIII foi denunciada polos
ilustrados e que desde mediados do XIX, foi constantemente
combatida por todos os galegos conscientes da necesidade
de evitar a desintegración da nosa personalidade.
A Constitución de 1978, ao
reconecer os nosos direitos autonómicos como
nacionalidade histórica, fixo posíbel
a posta en marcha dun esforzo constructivo encamiñado
á plena recuperación da nosa personalidade
colectiva e da súa potencialidade creadora.
Un dos factores fundamentais desa
recuperación e a língua, por ser o núcleo
vital da nosa identidade. A língua é
a maior e máis orixinal creación colectiva
dos galegos, é a verdadeira forza espiritual
que lle dá unidade interna á nosa comunidade.
Únenos co pasado do noso pobo, porque del a
recibimos como património vivo, e uniranos
co seu futuro, porque a recibirá de nós
como legado da identidade común. E na Galiza
do presente serve de vínculoe sencial entre
os galgos afincados na terra nativa e os galegos emigrados
polo mundo.
A presente Lei, de acordo co estabelecido no artigo
3 da Cosntitución e no 5 do Estatuto de Autonomía,
garante a igualdade do galego e do castelán
como línguas oficiais de Galiza e asegura a
normalización galego como língua própria
do noso pobo.
Polas devanditas razóns, o
Parlamento de Galiza, aprobou e eu, de conformidade
co artigo 13.º,2 do Estatuto de Galiza e co artigo
24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, regulamentadora
da Xunta e do seu Presidente, promulgo, en nome de
El-Rei, a LEI DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
TÍTULO
I
DOS DIREITOS LINGÜÍSTICOS
EN GALIZA
Artigo
1
O galego é a lingua própria de Galiza.
Todos os galegos teñen o direito de coñecelo
e de usá-lo.
Artigo
2
Os poderes públicos de Galiza garantirán
o uso normal do galego e do castelán, línguas
oficiais da Comunidade Autónoma.
Artigo
3
Os poderes públicos de Galiza adoptarán
as medidas oportunas para que ninguén sexa
discriminado por razón de língua.
Os cidadáns poderán dirixirse aos xuices
e tribunais para obter a proteción xudicial
do direito a empregar a sua lingua.
TÍTULO
II
DO USO OFICIAL DO GALEGO
Artigo
4
1. O galego, como língua própria de
Galiza, é língua oficial das institucións
da Comunidade Autónoma, da sua Administración,
da Administración Local e das Entidades Públicas
dependentes da Comunidade Autónoma.
2. Tamén a é o castelán como
língua oficial do Estado.Artigo 5
As leis de Galiza, os Decretos lexislativos, as disposicións
normativas e as resolucións oficiais da Administración
Pública galega publicaran-se en galego e castelán
no Diario Oficial de Galiza.
Artigo
6
1. Os cidadáns teñen direito ao uso
do galego, oralmente e por escrito, nas súas
relacións coa Adminsitración Pública
no ámbito territorial da Comunidade Autónoma.
2. As actuacións administrativas en Galiza
serán válidas e producirán os
seus efectos calquera que sexa a língua oficial
empregada.
3. Os poderes públicos de Galiza promoverán
o uso normal da língua gaelga, oralmente e
por escrito, nas suas relacións cos cidadáns.
4. A Xunta dictará as disposicións necesarias
para a normalización progresiva do uso do galego.
As Corporacións Locais deberán facé-lo
de acordo coas normas recollidas nesta Lei.
Artigo
7
1. No ámbito territorial de galiza, os cidadáns
poderán utilizar calquera das duas línguas
oficiais nas relacións coas Administración
de Xustiza.
2. As actuacións xudiciais en Galiza serán
válidas e producirán os seus efectos
calquera que sexa a língua oficial empregada.
En todo caso, a parte o interesado terá direito
a que se lle entere ou notifique na língua
oficial que elixa.
3. A Xunta de Galiza promoverá, de acordo cos
órganos correspondentes, a progresiva normalización
do uso do galego na Administración de xustiza.Artigo
8
Os documentos públicos outorgados en Galiza
poderan-se redacta en galego ou castelán. De
non haber acordo entre as partes, empregaran-se ambas
as dúas línguas.
Artigo
9
1. Nos Rexistros Públicos dependentes da Administración
autonómica, os asentamentos faran-se na língua
oficial en que estea redactado o documento ou se faga
a manifestación. Se o documento é bilingüe,
incribirá-se na língua que indique quen
o presenta no Rexistro. Nos Rexistros Públicos
non dependentes da Comunidade Autónoma, a Xunta
de Galiza promoverá, de acordo cos órganos
competentes, o uso normal do galego.
2. As certificacións literais expediran-se
na língua na que se efectua-se a inscrición
reproducidad. Cando non sexa transcrición literal
do asentamento, empregará-se a língua
oficial interesada polo solicitante.
3. No caso de documentos inscritos en dobre versión
lingüística poden-se obter certificacións
en calquera das versións, a vontade do solicitante.
Artigo
10
1. Os topónimos de Galiza terán como
única forma oficial a galega.
2. Corresponde-lle á Xunta de Galiza a determinación
dos nomes oficiais dos municipios, dos territóriso,
dos núcleos de poboación, das vias de
comunicación interurbanas e dos topónimos
de Galiza. O nome das vías urbanas será
determinado polo Concello correspondente.
3. Estas denominacións son as legas a todos
os efectos e a rotulación terá que concordar
con elas. A Xunta de Galiza regulamentará a
normalización da rotulación pública
respeitando en todos os casos as normas internacionais
que subscriba o Estado.
Artigo
11
1. Co fin de facer efectivos os direitos recoñecidos
no presente Título, os poderes autonómicos
promoverán a progresiva capacitación
no uso de galego do persoal afecto á Adminsitración
Pública e ás empresas de carácter
público en Galiza.
2. Nas probas selectivas que se realicen para o acceso
ás prazas da Administración Autónoma
e Local considerará-se, entre outros méritos,
o grao de coñecimento das línguas oficiais,
que se ponderará para cada nível profisional.
3. Na resolución dos concursos e oposición
para prove-los postos de Maxistrados, Xuíces,
Secretários Xudiciais, Fiscais e tódolos
funcionários ó servició a Admistración
de Xustiza, así como Notários, Rexistradores
da Propriedade e Mercantís, será mérito
preferente o coñecemtno do idioma galego.
TÍTULO
III
DO USO DO GALEGO NO ENSINO
Artigo
12
1. O galego, como língua própria de
Galiza, é tamén língua oficial
no ensino en todos os níveis educativos.
2. A Xunta de Galiza regulamentará a normalización
do uso das línguas oficiais no ensino entre
outros méritos, o grao de coñecemento
das línguas oficiais, que se ponderará
para cada nível profisional.
3. Na resolución dos concursos e oposicións
para prover os postos de Maxistrados, Xuíces,
Secretários Xudiciais, Fiscais e todos os funcionários
ao servicio da Administración de Xustiza, así
como Notários, Rexistradores da Propriedade
e Mercantís, será mérito preferente
o coñecemento do idioma galego.
Artigo
13
1. Os nenos teñen direito a recibir o primeiro
ensino na sua língua materna.
Garantirá-se o uso efectivo deste direito en
todos os centros públicos e privados.
2. As Autoridades educativas da Comunidade Autónoma
arbitrarán as medidas encamiñadas a
promover o uso progresivodo galego no ensino.
3. Os alunos non poderán ser separados en centros
diferentes por razón da língau. Tamén
se evitará, a non ser que con carácter
excepcional as necesidades pedagóxicas así
o aconsellaren, a separación en aulas diferentes.
Artigo
14
1. A língua galega é matéria
de estudio obrigatório en todos os níveis
educativos non universitários.
Garantirá-se o uso efectivo deste direito en
todos os centros públicos e privados.
2. O Goberno Galego regulamentará as circunstáncias
excepcionais en que un aluno poder ser dispensado
do estudo obrigatório da língua gaelga.
Ningú aluno poderá ser dispensado desta
obriga se tivera cursado sen interrupción os
seus estudos en Galiza.
3. As autoridades educativas da Comunidade Autónoma
garantirán que ao remate dos ciclos en que
o ensino galego é obrigatório, os alunos
coñezan este, nos seus níveis oral é
escrito en igualdade co castelán.
Artigo
15
1. Os profesores e os alunos no nível universitário
tñen o direito a empregar, oralmente e por
escrito, a lingua oficial da súa preferéncia.
2. O Goberno Gaelgo e as autoridades universitárias
arbitrarán as medidas oportunas para facer
normal o uso do galego no ensino universitário.
3. As autoridades educativas adoptarán as medidas
oportunas co fin de que a língua non constitua
obstáculo para facer efectivo o direito que
teñen os alunos a recibir coñecementos.
Artigo
16
1. Nos cursos especiais de educación de adultos
e nos cursos de ensino especializado nos que se ensine
a disciplina da língua, é preceptivo
o ensino do galego.
Nos centros de ensino especializado dependentes da
Xunta de Galiza estabelecerá-se o ensino da
língua galega nos casos en que o seu estudio
non teña carácter obrigatório.
2. Nos centros de educación especial para alunos
con deficiéncias físicas ou mentais
para a aprendizaxe, emprgará-se como língua
instrumental aquela que, tendo en conta as circunstáncias
familiares e sociais de cada aluno, mellor contribua
ao seu desenvolvemento.
Artigo
17
1. Nas Escolas Unviersitárias e demais centros
de Formación do Profesorado será obrigratório
o estudio da lingua galega. Os alunos destros centros
deberán adquirir a capacitación necesária
para facer efectivos os direitos que se amparan na
presente Lei.
2. As autoridades educativas promoverán o coñecemento
do galego por parte dos profesores dos níveis
non incluídos no parágrafo anterior,
a fin de garantir a progresiva normalización
do uso da língua galega no ensino.
TÍTULO
IV
DO USO DO GALEGO NOS MÉDIOS
DE COMUNICACIÓN
Artigo
18
O galego será a língua usual nas emisoras
de radio e televisión e nos demais médios
de comunicación social sometidos a xestión
ou competéncia das institucións da Comunidade
Autónoma.
Artigo
19
O Goberno Galego prestará apoio económico
e material aos médios de comunicación
non incluidos no artigo anterior.
Artigo
20
Serán obrigas da xunta de Galiza:
1. Fomentar a producción, a dobraxe, a subtitulación
e a exhibición de películas e outros
médios audiovisuais en língua galega.
2. Estimular as manifestacións culturáis,
representacións teatrais e os espectáculos
feitos en língua galega.
3. Contribuir ao fomento do libro en galego, con medidas
que potencien a produción editorial e a su
difusión.
TÍTULO
V
DO GALEGO EXTERIOR
1. O Goberno Galego fará uso dos recursos que
lle confiren a Constitución Española
e o Estatuto de Autonomía para que os emigrantes
galegos poidan dispoñer de servicios culturais
e lingüísticos de servicios lingüísticos
en língua galega.
2. Así mesmo fará uso do previsto no
artigo 35 do Estatuto de Autonomía a fin de
protexer a língua galega falada en territórios
coa Comunidade Autónoma.
TÍTULO
V
DA ADMINISTRACIÓN
AUTONÓMICA E A FUNCIÓN NORMALIZADORA
Artigo
22
O Goberno Galego asumirá a direción
técnia e o seguimento do proceso de normalización
da língua galega: asesorará á
Administración e ós particulares, e
coordinará os servicios encamiñados
a conseguir obxectivos da presente Lei.
Artigo
23
O Goberno Galego establecerá un plan destinado
a resaltar a importáncia da língua como
património histórico da comunidade e
a pór de manifesto a responsabilidade e os
deberes que esta ten respeito da sua conservación,
proteción e transmisión.
Artigo
24
1. A Escola Galega de Administración Pública
encargará-se da formación dos funcionários
a fin de que poidan usar o galego nos termos estabelecidos
pola presente Lei.
2. O domínio das línguas galega e castellana
será condición necesária para
obter o diploma da Escola Gaelga da Administración
Pública.Artigo 25
O Goberno Galego e as Corporación Locais dentro
do seu ámbito fomentarán a normalización
do uso do galego nas actividades mercantís,
publicitárias, culturáis, asociativas,
deportivas e outras. Con esta finalidade e por actos
singulares, poderan-se outorgar reducións ou
exencións das obrigas fiscais.
DISPOSICIÓN
ADICIONAL
Nas cuestións relativas á normativa,
actualización e uso correcto da língua
galega, estimará-se como critério de
autoridade o estabelecido pola Real Academia Galega.
Esta normativa será revisada en función
do proceso de normalización do uso do galego.
DISPOSICIÓN
FINAL
A presente Lei entrará en vigor ao dia seguinte
da sua publicación no Diario Oficial de Galiza.
Santiago de Compostela,
15 de xuño 1983
Gerardo Fernández Albor
Presidente

|