A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

A LEI DO USO DO GALEGO COMO LÍNGUA OFICIAL POLAS ENTIDADES LOCAIS
(D.O.G.: nº 124. 30/6/88)

Lei 5/1988, do 21 de xuño, do uso do galego como língua oficial de Galiza polas entidades locais.

A língua galega constitue o principal património cultural da nosa Comunidade, como sinal del identificación e diferenciación de Galiza. O Estatuto de Autonomía, no artigo 5º, recoñece-a como língua própria dos galegos, e o artigo 4.1. da Lei de  Normalización Lingüística declara o galego como língua oficial da Administración local.

Polas razóns expostas, e en coherencia cos mandatos estatuarios e legais, é preciso impulsar a normalización lingüística na Administración local, e para este efeito a Xunta de Galiza, no marco da sua política de promoción da normalización lingüística, debe colaborar na medida do necesario cos esforzos das entidades locais a prol do uso normalizado da língua galega na sua documentación oficial, sen prexuízo de empregar ademais a outra língua oficial, se así o decide, neste caso, a respeitiva entidade.

A finalidade da presente Lei é a de estabelecer un criterio  normativo impulsor do progresivo proceso de normalización do galego na Administración local, na procura dun clima social e político que multiplique os esforxos que se veñen realizando para a recuperación do uso normal da nosa língua.
Por todo o exposto, o Parlamento de Galiza aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.º 2 do Estatuto de Galiza e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, regulamentadora da Xunta e do seu Presidente, promulgo, en nome de El-Rei, a Lei do uso do galego como língua oficial de Galiza polas entidades locais.

Artigo 1
1. As convocatórias de sesións, ordes do día, mocións, votos particulares, propostas de acordo, dictames das Comisións informativas e actas das entidades locais de Galiza redactaran-se en língua galega.
2. Sen prexuízo do disposto no apartado anterior, as devanditas entidades poden facé-lo, ademais, na outra língua oficial.

Artigo 2
1. Corresponde-lle á Xunta de Galiza o impulso do proceso de incorporación da língua galega na Administración local, moi especialmente a través de programas de formación de funcionarios en língua galega.
2. Sen prexuízo do anterior, a Xunta de Galiza adoptará as medidas oportunas para que nos concursos de aceso de funcionarios á Administración local se garanta o coñecemento da língua galega.

 

DISPOSICIÓN TRANSITORIA
 
1. As entidades locais que non estean en condicións de incorporar de contado o galego como língua normal nos actos da Administración dispoñerán dun prazo de dous anos a partir da publicación desta Lei para adoptar acordo sobre a realización material do disposto nela e dar-lle cumprimento.
2. A Xunta de Galiza elaborará un programa de actuación co obxeto de garantir que, ao cabo do prazo sinalado no parágrafo anerior, todas as entidades locais de Galiza estean en condicións de cumprir o preceptuado nesta Lei.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1988
Fernando Ignacio González Laxe
Presidente

 

 

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate