A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

Pregunta de Bieito Lobeira Domínguez relativa ás medidas adoptadas para o cumprimento do acordo parlamentar relativo á defensa das emisións en galego dos centros territoriais de TVE-G e RNE na Galiza.

 

Á Mesa do Parlamento

Bieito Lobeira Domínguez, deputado pertencente ao Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, apresenta a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa ás medidas adoptadas para o cumprimento do acordo parlamentar relativo á defensa das emisións en galego dos centros territoriais de TVE-G e RNE na Galiza.

O 5 de Abril o Pleno do Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade unha resolución procedente de sendas proposicións non de lei apresentadas polos grupos parlamentares do BNG e socialista, co seguinte contido literal:

“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a dirixirse ao Goberno español co obxectivo de:

1.- Manter as horas de emisión tanto da TVE-G como da RNE-G sen diminuir a capacidade operativa e sen reducir as emisións en galego.

2.- Manter e incrementar a produción propia.

3.- Defender os postos de traballos nestes medios (TVE-G e RNE-G), así como a estabilidade no emprego.

4.- Recuperar unha frecuencia radiofónica emitida integramente en lingua galega e centrada na información sobre a economía, a sociedade, a cultura e a política de Galiza.”

Estas son as razóns que levan ao BNG a formular as seguintes preguntas para a súa resposta oral en comisión.

  1. Que medidas ou accións concretas se adoptaron, e en que datas, referentes ao citado acordo parlamentar do 5 de Abril de 2006?
  2. Con que resultados práticos en cada caso?

Santiago de Compostela, 6 de Abril de 2006.

 

Asdo.: Bieito Lobeira Domínguez

 Deputado do G.P. do BNG

 

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate