A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

Acordo unánime do emprego da forma original galega na toponímia das provincias marítimas.

 

acordo unánime do Pleno do Parlamento de Galiza do 19 de Abril de 2006

O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a:


1.- Demandar do Goberno español a adopción das medidas legais precisas para o emprego da forma original galega na toponímia das provincias marítimas, distritos marítimos e capitanías marítimas existentes no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galiza, en especial através da correspondente modificación normativa, para dar así cumprimento á Lei de Normalización Lingüística nesta materia. Con este motivo, apresentarase esta solicitude na Comisión de Expertos para o Estudo do Uso das Linguas Cooficiais na Administración Xeral do Estado.


2.- Consonte ao antes dito e unha vez modificada a denominación, se proceda a cambiar as actuais siglas de matriculación das embarcacións pertencentes á Provincia Marítima de Vilagarcía de Arousa, pola denominación “VIL”.

 

 

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate