|
A Comisión 4.ª, Educación e Cultura.
A Comisión 4.ª, Educación e Cultura, reunirase o próximo día 26 de abril de 2006, ás 10:30 horas, no pazo do Parlamento.
A orde do día é a seguinte :
Punto 1.º- Preguntas orais ante a Comisión
07/POC-0516 (2570)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Cerviño González, Francisco
Sobre as orientacións que debera ter o novo IGAEM
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 88, do 17.02.2006
07/POC-0663 (3287)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lobeira Domínguez, Bieito
Sobre as previsións de utilización do idioma galego no Parlamento español
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 103, do 20.03.2006
07/POC-0688 (3377)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Miranda, Antonio e 7 deputados máis
Sobre a situación na que se atopa o IES A Farixa tras a publicación do Real decreto 1558/2005, as previsións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria respecto da solicitude presentada por este para non seguir sendo centro integrado e, en xeral, respecto da aplicación do devandito real decreto nos centros da provincia de Ourense así como as súas repercusións no alumnado e profesorado
Publicación iniciativa vía urxencia, BOPG núm. 102, do 18.03.2006
Punto 2.º- Comparecencia en Comisión
07/CPC-0027 (1246)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lobeira Domínguez, Bieito e 2 deputados máis
Do Sr. presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, para informar sobre a avaliación que esta organización social realiza sobre a situación da lingua galega e as propostas de adopción de medidas ao respecto
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 43, do 12.11.2005
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
O que lle comunico para o seu coñecemento e para os efectos oportunos.
Santiago de Compostela, 19 de abril de 2006
Bieito Lobeira Domínguez
Presidente da Comisión
|