A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate
Proposición non de lei do grupo parlamentar do BNG para a non discriminación do idioma galego nos portais de comarcalización da Xunta de Galicia

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa do seu deputado Eduardo Gutiérrez Fernández e ao abeiro do Regulamento da Cámara, apresenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión.

O portal web www.cetadec.net / www.comarcasdegalicia.com, creado pola Xunta de Galiza, a través da Secretaria de Planificación e Desenvolvimento Territorial da Consellaria de Presidencia e da Sociedade para o Desenvolvimento Comarcal de Galiza, está totalmente en castelán, se ben se indica que hai unha páxina en galego “en construción”. Isto significa unha discriminación da cidadania ao non teren a opción de receberen a información en galego: o artigo 6.3 da Lei 3/83, de normalización lingüística sinala que “os poderes públicos de Galiza promoverán o uso normal da língua galega, oralmente e por escrito, nas suas relacións cos cidadáns”.

Polo exposto, apreséntase a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión:

O Parlamento insta a Xunta de Galiza a crear a opción de galego no portal www.cetadec.net / www.comarcasdegalicia.com e a que esta sexa, ademais a opción de entrada na páxina.

Santiago de Compostela, 12 de Febreiro de 2004.

Asdo.: Eduardo Gutiérrez Fernández
Deputado do G.P. do BNG.
Xosé Manuel Beiras Torrado
Portavoz do G.P. do BNG

 

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate