A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate
Interpelación de Eduardo Gutiérrez Fernández sobre o retraso na adopción oficial pola Xunta de Galiza da Normativa aprobada pola RAG

Á Mesa do Parlamento

O deputado Eduardo Gutiérrez Fernández, do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, apresenta a seguinte Interpelación para o seu tratamento en Pleno.

O dia 12 de xullo de 2003, o plenário da Real Academia Galega aprobou as Normas Ortográficas e Morfolóxicas da Lingua Galega. Ao chamado acordo normativo chegouse despois dun longo proceso de traballo no que participaron expertos das tres Universidades galegas e mais da Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega. A proposta final foi elevada á Real Academia Galega que é a institución competente por disposición legal para estabelecer a normativa e dictaminar cal é o uso correcto da lingua, en virtude do estabelecido na disposisición adicional da Lei 3/1983 de Normalización Lingüística.

Até o momento a Xunta de Galiza non se dou por enteirada dunha novidade tan importante que depende do disposto por unha Lei, e isto pesie a que entidades e organizacións de todo tipo reclamaron información da Dirección Xeral de Política Lingüística, asi como, a adopción oficial do texto normativo e a sua publicación no Diario Oficial de Galiza. No último debate de Política Xeral –o chamado debate sobre o estado da autonomía- o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego presentou unha proposta de resolución neste mesmo sentido que incribelmente o grupo maioritario da Cámara rexeitou converténdose en insubmiso a respeito da lexislación galega.

Por todo o exposto, apresentamos a seguinte Interpelación:

1.º) ¿Por qué razóns a Xunta de Galiza non adopta de xeito oficial o acordo normativo aprobado pola Real Academia Galega o dia 12 de xullo de 2003?

2.º) ¿Por qué se deixa pasar o curso escolar 2003-2004 sen proceder á actualización da normativa oficial?

3.º) Sendo como é o acordo adoptado pola RAG unha norma de concórdia ¿a qué obedece o desleixamento e a retesía da Xunta de Galiza ao respeito?

4.º) ¿Considera quizais a Xunta de Galiza que a modificación normativa é xa oficial ao abeiro do disposto na Lei de Normalización Lingüística?

5.º) E de ser así ¿Por qué non se publicou no DOG para facilitar o acceso á nova normativa?

6.º) ¿Qué iniciativas de divulgación e popularización da normativa aprobada pola RAG ten pensado acometer a Xunta de Galiza?

Santiago de Compostela, 25 de Febreiro de 2004.

Asdo.: Eduardo Gutiérrez Fernández
Deputado do G.P. do BNG

 

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate