| Pergunta de Eduardo Gutiérrez
Fernández sobre o retraso na adopción
oficial pola Xunta de Galiza da Normativa aprobada
pola RAG
Á Mesa do Parlamento
O deputado Eduardo Gutiérrez Fernández,
do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego (BNG), ao abeiro das normas supletorias
do 29 de Xaneiro de 2002, apresenta a seguinte
Pregunta dirixida ao Presidente da Xunta para
a sua resposta oral en Pleno.
O dia 12 de xullo de 2003, o plenário
da Real Academia Galega aprobou as Normas Ortográficas
e Morfolóxicas da Lingua Galega. Ao chamado
acordo normativo chegouse despois dun longo
proceso de traballo no que participaron expertos
das tres Universidades galegas e mais da Real
Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega.
A proposta final foi elevada á Real Academia
Galega que é a institución competente
por disposición legal para estabelecer
a normativa e dictaminar cal é o uso
correcto da lingua, en virtude do estabelecido
na disposisición adicional da Lei 3/1983
de Normalización Lingüística.
Até o momento a Xunta de Galiza non
se dou por enteirada dunha novidade tan importante
que depende do disposto por unha Lei, e isto
pesie a que entidades e organizacións
de todo tipo reclamaron información da
Dirección Xeral de Política Lingüística,
asi como, a adopción oficial do texto
normativo e a sua publicación no Diario
Oficial de Galiza. No último debate de
Política Xeral –o chamado debate
sobre o estado da autonomía- o Grupo
Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego presentou
unha proposta de resolución neste mesmo
sentido que incribelmente o grupo maioritario
da Cámara rexeitou converténdose
en insubmiso a respeito da lexislación
galega.
Por todo o exposto queremos preguntar:
¿Por qué razóns a Xunta
de Galiza non adopta de xeito oficial o acordo
normativo aprobado pola Real Academia Galega
o dia 12 de xullo de 2003?
Santiago de Compostela, 25 de Febreiro de 2004.
Asdo.: Eduardo Gutiérrez Fernández
Deputado do G.P. do BNG
Xosé Manuel Beiras Torrado
Portavoz do G.P. do BNG
|