A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate
Perguntas de Alberte Xullo Rodríguez Feixóo sobre a utilización do idioma galego no Rexistro Civil de Santiago

Á Mesa do Parlamento

Alberte Xullo Rodríguez Feixóo, deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do Regulamento da Cámara, apresenta a seguinte Pregunta, sobre a utilización do idioma galego no Rexistro Civil de Santiago, para a sua contestación oral en Comisión.
En Galiza, teoricamente, conviven dous idiomas oficiais, con todo o que isto conleva, é dicer, o respecto a ambos idiomas e o respecto ás persoas que deciden utilizar un ou outro. Non parece que ista premisa sexa moi respectada nalgúns ámbetos da sociedade galega, en concreto o concerninte ao que se refire aos organismos dependentes da Conselleria de Xustiza, concretamente o Rexistro Civil radicado en Santiago de Compostela. Niste organismo dase unha situación que pode chegar a calificarse de ridícula nos tempos que corren. A situación é a seguinte: se unha parella quere oficiar o seu matrimonio en español no citado Rexistro, o trámite é imediato; todo o contrario de se quere realizala en galego, niste caso o trámite suponlle unha demora de tres meses, ademais de ter que realizala contando coa presenza dun intérprete!

Tampouco é capaz a Consellería de Xustiza de garantir que a documentación procedente da mesma estea escrita en idioma galego.

Ante a situación anteriormente descripta, realízanse as seguintes preguntas:

1ª) Pode a Xunta de Galiza explicar porque a Consellería de Xustiza non fai respectar a utilización do idioma galego na Adeministración de Xustiza?

2ª) Pode a Xunta de Galiza explicar porque a utilización do idioma oficial e propio do noso Pais supón unha traba para as persoas que escollen ista opción?

3ª) Non sería máis correcta a primacía do galego sobre o español dada a desigualdade de médios entre os dous idiomas oficiais?

4ª) Qué solucións oferece a Xunta de Galiza ás persoas que teñen que superar trabas pola utilización do idioma galego?

Pazo do Hórreo, 16 de Marzo de 2004.

Asdo. Alberte X. Rodríguez Feixóo
Deputado do G. P. do BNG.

 

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate