| Perguntas do Grupo Parlamentar
do BNG relativas á aplicación das
Normas ortográficas e morfolóxicas
do idioma galego no sistema educativo Á
Mesa do Parlamento
Tereixa Novo Arrojo, Xesús Veiga Buxán
e Eduardo Gutiérrez Fernández,
deputada e deputados do Grupo Parlamentar do
Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro
do Regulamento da Cámara, apresentan
a seguinte Interpelación, relativa á
aplicación das Normas ortográficas
e morfolóxicas do idioma galego, no sistema
educativo.
A Lei de Normalización Lingüística,
na súa disposición adicional,
recoñécelle á Real Academia
Galega o criterio de autoridade para estabelecer
a normativa e ditaminar cal é o uso correcto
da lingua, temén a súa actualización
e revisión.
En cumprimento deste mandato, a Real Academia
Galega aprobou en sesión plenaria celebrada
o 12 de xullo de 2003 unha serie de modificacións
na normativa do noso idioma, como xa se fixera
tamén no 1995, e que a Academia deu a
coñecer como único texto oficial
a través da publicación titulada
“Normas ortográficas e morfolóxicas
do Idioma Galego”.
Dada a importancia e trascendencia que a aplicación
destas modificacións ten no ámbito
do sistema educativo, pois é o principal
medio (ou debería selo) para o alumnado
galego coñecer e practicar correctamente
o noso idioma, e entendendo que é prioritaria
a aplicación das modificacións
aprobadas, para normalizar canto antes a situación,
é polo que desexamos que o Sr. Conselleiro
de Educación e Ordenación Universitaria
explique en sede parlamentaria as medidas adoptadas
pola Xunta de Galiza para a aplicación
da normativa oficial do Galego no sistema educativo.
Por todo o exposto apresentamos a seguinte
Interpelación
1.- Á data de hoxe, cales son as medidas
adoptadas pola Consellaría de Ed. e O.U.
para que no sistema educativo se apliquen e
ensinen as modificacións aprobadas pola
R.A.G. para as Normas Ortográficas e
Morfolóxicas do Idioma Galego?
2.- Ten remitido a Consellaría aos centros
de ensino, tanto públicos como privados
algunha, circular ou instrución para
a aplicación da nova normativa?
3.- De que modo e maneira se lle van dar a
coñecer as modificacións aprobadas
á totalidade do profesorado e do persoal
non docente dos centros?
4.- Que medidas se van levar adiante para efectivizar
a apliación da normativa oficial na burocracia
e documentación de todos os centros de
ensino, tanto públicos como privados,
asi como no ambito da propia administración
educativa?
5.- Como vai garantir a administración
educativa a utilización da normativa
oficial nos libros de texto e nos diferentes
materiais didácticos e curriculares?
6.- Ten marcado, a administración, algúns
obxectivos e prazos para efectivizar na práctica
da realidade educativa a aplicación da
normativa vixente?
7.- De que partida orzamentaria van sair os
recursos económicos necesarios?
Santiago de Compostela a 10 de Marzo de 2004
Asdo. Tereixa Novo Arrojo
Xesús Veiga Buxán
Eduardo Gutiérrez Fdez.
Deputada e deputados do G.P. do BNG.
|